Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Falece un home de 59 anos en Sanxenxo ao ser golpeado por unha embarcación mentres nadaba

Un home de 59 anos faleceu este venres en Sanxenxo (Pontevedra) após ser golpeado por unha embarcación mentres nadaba no mar. Segundo informa o 112, os feitos tiveron lugar na Praia de Silgar, uns minutos despois das seis. Nese momento, varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia do suceso. Ao parecer, e en base á información facilitada polo Concello, o falecido, veciño da Coruña, nadaba con outra persona e unha embarcación que non os viu, arroiouno. O seu compañeiro resultou ileso. Desde o 112 púxose a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero Pesca I. Ademais, requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e do GES de Sanxenxo. Unha embarcación particular, explican, recolleu á persona e trasladouna ao porto de Sanxenxo, onde os servizos médicos desprazados só puideron confirmar o seu falecemento. Desde o Concello sinalan que, de producirse o accidente na zona de baño, esta aínda non está sinalizada por aboias. A Garda Civil investiga os feitos.

15 abr 2022 / 20:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.