Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Formación técnica para explotacións leiteiras no Campus Terra de Lugo

AGRO. O Campus Terra da USC achega formación en xestión técnica de explotacións leiteiras a máis de 70 gandeiros de toda Galicia ao

abeiro dunha actividade promovida pola USC e a Deputación Provincial de Lugo ligada á Granxa Campus Terra. Esta explotación con fins docentes, investigadores e de transferencia ao sector comezará en breve a súa actividade na finca Gayoso-Castro de Castro de Rei con 70 vacas en produción e, en liña coa Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) da USC, aspira a converterse nunha infraestrutura útil para favorecer a investigación e innovación na area da transformación e valorización da

produción leiteira, ademais de achegar solucións e valor engadido ao sector en tódolos os elementos da cadea de produción.

A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e o deputado provincial delegado da área de Recursos Sostibles, Roberto Fernández, salientaron na apertura desta acción formativa o “duro golpe” provocado pola crise sanitaria e socioeconómica da pandemia. O sector lácteo, que é un piar produtivo básico na provincia de Lugo, non permanece alleo a esta nova realidade chea de ameazas e incertezas sociais e económicas. pedro lemos

23 ago 2020 / 00:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito