Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Formoso: “Seremos esixentes en lograr conexión a Ferrol”

Nun acto coa ministra de Axenda Urbana sinalou a importancia vital das axudas ao alugueiro para os mozos e mozas de Galicia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou o esforzo do goberno para desbloquear a rebaixa das peaxes da AP-9, así como o investimento en infraestruturas, sinaladamente na mellora do acceso ferroviario aos portos exteriores de A Coruña ou Ferrol. Así o dixo antes dun acto xunto coa ministra de Transportes, Mobilidade, e Axenda Urbana, onte en Ferrol para presentar o Bono Alugueiro Xoven.

O responsable socialista sinalou que grazas ao goberno presidido por Pedro Sánchez, “agora mesmo a un cidadán de Ferrol cústalle a metade que hai un ano chegar a A Coruña ou a Vigo”. Salientou este “compromiso cumprido” logo de anos de bloqueo polo executivo de Mariano Rajoy e o PP, e que resulta “fundamental para revitalizar a economía e para as familias galegas”.

Salientou ademais as “facilidades” do goberno para acadar un acceso ferroviario “decente” aos portos exteriores de Ferrol e A Coruña. Sinalou que estas infraestruturas estratéxicas “non terían sentido nin viabilidade” sen a comprensión do Ministerio, que conseguirá, dixo, facer que a infraestrutura sexa unha realidade “tendo en conta o novo escenario de fondos europeos” e polo compromiso de España e o PSdeG.

Antes de celebrar un acto para presentar o Bono Alugueiro Xoven aprobado polo Executivo central, Valentín González Formoso lembrou que “seremos esixentes co tren a Ferrol”, e engadiu que “sabemos que vai conseguirse polo empeño” do PSOE no goberno central.

as axudas de alugueiro para a mocidade dentro do Plan Estatal de Vivenda Xa no acto, o líder dos socialistas galegos sinalou a importancia “vital” das axudas ao alugueiro para os mozos e mozas de Galicia, onde o 75 por cento das persoas menores de 34 anos aínda viven cos seus pais. Sinalou que esta medida intégrase no Plan Estatal de Vivenda, que demostra a “aposta política por cumprir co mandato constitucional do dereito á vivenda” en sintonía coa Lei de Vivenda.

A ministra Raquel Sánchez, salientou o bono de axuda ao alugueiro e o Plan Estatal de Vivenda, aprobados este pasado martes no Consello de Ministros, dirixidos a apoiar aos mozos e mozas para “empezar o seu proxecto de vida” fora do domicilio dos pais.

Salientou a “oportunidade histórica” para “demostrarlle aos mozos e mozas que o goberno está comprometido con eles”, como fará coas medidas para conter os prezos a través da futura Lei de Vivenda.

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, acompañou ao líder dos socialistas galegos e á ministra de Infraestruturas a visitar as vivendas rehabilitadas na rúa de Méndez Núñez grazas ás axudas estatais. Destacou que “nunca se produciu un investimento maior que o de 2022 con respecto ao Plan de Vivenda para Ferrol, onde percibirán case 1 millón de euros máis con respecto a programas anteriores.

indignación no pp ferrolano
“la alta velocidad no llega a la ciudad”

··· O presidente do PP de Ferrol, José Manuel Rey Varela, lamentou que o goberno de Sánchez se dedique a realizar actos propagandísticos na cidade, coa connivencia do alcalde, en vez de tratar de solucionar os problemas reales que ten Ferrol. “La ministra de Transporte viene a hablar de ayudas a la vivienda en una ciudad con 9.000 viviendas vacías, sin afrontar el principal problema que es los ferrolanos se tienen que marchar por falta de oportunidades”. En referencia á alta velocidade, lamentou que Ferrol non entra nos plans do goberno de Sánchez para “ni conectarnos con esta red, ni para modernizar nuestras líneas”. “Tenemos unas infraestructuras obsoletas que necesitan una modernización inmediata, no puede ser que en el año 2022 se tarde casi hora y media en recorrer los 60km del tramo Ferrol- A Coruña, casi igual que ir de Ourense a Madrid en tren”, mencionou.

22 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito