Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Galicia: sede para tecer alianzas que garantan a vitalidade dos portos

A consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, organizou onte na Cidade da Cultura, en Santiago, as Xornadas técnicas sobre xestión portuaria desde a perspectiva autonómica. Posta en común e sinerxías. O evento contou coa presenza de representantes das dez comunidades autónomas con competencias portuarias de toda España: Asturias, Cantabria, País Vasco, Cataluña, Baleares, Valencia, Murcia, Andalucía, Canarias e Galicia, que exerce como anfitrioa. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou nas xornadas, evento no que fixo fincapé na necesidade “de tecer alianzas entre comunidades autónomas para afrontar retos comúns e garantir a vitalidade e a competitividade dos portos”. Este aspecto, salientou, é clave no contexto global marcado por desafíos como a pandemia, a guerra en Ucraína ou o encarecemento das materias primas “e que fai máis necesario ca nunca que as administracións nacionais, autonómicas e locais faciliten o desenvolvemento de infraestruturas como as portuarias”. Entre as temáticas que se trataron ao longo das xornadas atópanse a aplicación da Lei de Costas, a declaración de innecesariedade do solo portuario, o servizo de practicaxe ou a administración telemática. O evento continuará hoxe. C.E.

27 ene 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.