Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Gonzalo Caballero aboga por revertir a reforma do imposto sobre patrimonio

Ponencia. O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, abogou este sábado por implantar en Galicia “unha fiscalidade que pense na cohesión social” e, ainda que non fala de subir impostos, considera que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, actúa como “aliado de los millonarios” e cre que sería fundamental “revertir a última reforma” do tributo de Patrimonio impulsada polo PP na comunidade. Dixoo ante os medios en Compostela tras anunciar que a comisión executiva nacional dos socialistas galegos abriu o proceso para iniciar a elaboración da ponencia de cara ao Congreso Nacional Galego do PSdeG, previsto para antes de final de ano. Explicou que galeguismo e federalismo, ecoloxismo, feminismo e compromiso de esquerdas serán as liñas do PSdeG para “fortalecer e impulsar unha reactivación que priorice e chegue ás persoas”.

O texto será a base para “sacar adiante o país pensando nas persoas, xerando emprego, defendendo os servizos públicos, buscando a igualdade e a cohesión social e modernizando a Galicia”, asegurou. Caballero quere plasmar nel as aportacións de toda a militancia e o federalismo do PSdeG, recordando a clara compoñente municipalista dun PSdeG que goberna ao 55 % da cidadanía galega. J. C. / E. P.

07 ago 2021 / 20:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.