Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Impulso á xestión dos residuos cunha folla de ruta de oito liñas de incentivos

Este es la plantilla de ECG
14:08 h.

Remata a rolda de prensa

    Este es la plantilla de ECG
    14:08 h.

    AVE a Galicia

      Preguntado polos xornalistas, Rueda di que non ten constancia de que a vindeira semana vaia a haber unha viaxe inaugural do AVE a Galicia.

      Este es la plantilla de ECG
      14:06 h.

      Fusión de concellos

        Alfonso Rueda cre que paga a pena promover a fusión de concellos, apoiar aos alcaldes que así o demanden e mesmo incentivar estas fusións: "É un camiño que paga a pena explorar". Lembra que o PSOE recurriu en Galicia os decretos de fusión dos concellos.

        Este es la plantilla de ECG
        14:04 h.

        Pídelle a Miñones "que se informe un pouco" no tocante á alternativa para a ubicación de Ence

          Rueda pídelle ao delegado do Goberno en Galicia "que se informe un pouco" no tocante a Ence, logo de que José Miñones culpara á Xunta do tempo "perdido" para a búsqueda dunha alternativa á ubicación actual da planta en Pontevedra.

          Este es la plantilla de ECG
          13:59 h.

          Manteranse os distintivos de unha e dúas cunchiñas na hostalaría

            Malia a ampliación dos aforos, manteranse os distintivos na hostalaría (unha e dúas cunchiñas), porque consideran que está a ser un mecanismo "moi útil".

            Este es la plantilla de ECG
            13:58 h.

            Uso da máscara nos patios dos colexios

              A preguntas dos xornalistas, Alfonso Rueda explica que en recintos deportivos pechados o aforo máximo segue a ser do 80% debido a unha norma estatal. Nos albergues, a partires da vindeira semana pasarase ao 100%. No tocante ao uso da máscara, "estudiarase se é viable xurídicamente a posibilidade de prescindir da máscara nos patios dos colexios", como vén de aprobar Madrid.

              Este es la plantilla de ECG
              13:54 h.

              Transferencia dunha estrada en Pazos de Borbén

                A Xunta acordou, a instancias do Concello de Pazos de Borbén, a transferencia de 100 metros dunha estrada neste municipio

                Este es la plantilla de ECG
                13:54 h.

                Case 600.000 euros para unha senda mixta en Cambre

                  Aprobada a expropiación para facer unha senda mixta, peonil e ciclista, no Concello de Cambre cun investimento de case 600.000 euros.

                  Este es la plantilla de ECG
                  13:53 h.

                  Novo decreto para a formación de socorristas

                    Aprobado un decreto para regular a formación de socorristas en Galicia: auméntanse os cursos e o número de centros que os poden impartir, créase unha nova figura de auxiliar en formación de primeiros auxilios e ofréceselle aos concellos a posibilidade de centralizar a selección destes socorristas na Academia Galega de Seguridade Pública. Contribuirá, di Rueda, á homoxeneización.

                    Este es la plantilla de ECG
                    13:49 h.

                    Acordo coa Fundación Semana Verde

                      A Xunta destinará 80.000 euros á celebración da terceira Feira da Enerxía de Galicia, que se celebrará no recinto da Fundación da Semana Verde, en Silleda, centrada desta volta nas enerxías renovables.

                      Este es la plantilla de ECG
                      13:48 h.

                      Xestión dos biorresiduos, residuos especiais e puntos verdes

                        A Xunta quere dar un impulso definitivo á xestión dos residuos, e aprobou unha folla de ruta con 8 liñas de incentivos arredor de tres eixos: como xestionar a materia dos biorresiduos, como xestionar os refugallos domésticos especiais, e como seguir avanzando na ampliación e xestión dos puntos verdes. Haberá 13,4 millóns de euros para lograr, coa vista posta en 2024, un sistema que xestione a compostaxe dos biorresiduos. Ao segundo eixo, o dos refugallos domésticos especiais, destinaranse 2,2 millóns de euros. No tocante ao terceiro, hai 150 puntos limpos en Galicia e traballarase para estendelos e que poida haber un por concello.

                        Este es la plantilla de ECG
                        13:43 h.

                        Adxudicación de terras a empresas e productores agrarios

                          A Xunta recibiu más de 1.500 solicitudes de empresas e productores agrarios que pedían terras para seguir medrando. Levouse a cabo un estudo para saber que superficies de concentración parcelaria podían ser susceptibles de ser entregadas a estes demandantes. Hai en Galicia 700 terreos, unhas 24.000 hectáreas dispoñibles. O executivo comprobou que en 71 concellos se podían adxudicar terreos.

                          Este es la plantilla de ECG
                          13:39 h.

                          5,2 millóns para a loita contra a COVID nas áreas sanitarias de Santiago e Ourense

                            No Consello da Xunta foron autorizados 4 expedientes por 5,2 millóns de euros para combater a covid, en concreto para a área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, con 2,2 millóns, e para a área de Compostela e O Barbanza, con 3 millóns.

                            Este es la plantilla de ECG
                            13:37 h.

                            Malia os bos datos, hai que seguir mantendo a prudencia

                              Rueda explica que malia a boa evolución da pandemia en Galicia, que fará que non se manteña a periodicidade semanal do comité clínico, hai que seguir mantendo a prudencia.

                              Este es la plantilla de ECG
                              13:36 h.

                              Levantamento das medidas excepcionais nas residencias sociosanitarias

                                Outra das medidas adoptadas no camiño cara a normalidade foi "o levantamento das medidas excepcionais nas residencias sociosanitarias".

                                Este es la plantilla de ECG
                                13:35 h.

                                O certificado de vacinación segue a ser obrigatorio no ocio nocturno

                                  Aclara o vicepresidente da Xunta que seguirá sendo obrigatorio levar o certificado de vacinación para o acceso ao ocio nocturno

                                  Este es la plantilla de ECG
                                  13:34 h.

                                  Ampliación dos aforos e ampliación de horarios

                                    Explica o vicepresidente que na reunión de onte do comité clínico acordouse elevar os aforos ata o 100% en tódolos establecementos e actividades que estaban limitados a día de hoxe, "nomeadamente na hostalaría e no ocio nocturno". Tamén se acordou ampliar os horarios nos dous sectores.

                                    Este es la plantilla de ECG
                                    13:31 h.

                                    Declarado oficialmente o remate do estado de emerxencia

                                      Confirma Alfonso Rueda que se declarou oficialmente no Consello da Xunta o remate do estado de emerxencia sanitaria.

                                      Este es la plantilla de ECG
                                      13:30 h.

                                      Situación da pandemia de COVID

                                        Alfonso Rueda destaca que hoxe hai 17 casos activos menos de COVID que onte en Galicia. Non se rexistraron falecidos nas últimas horas. Somos, di, "a comunidade autónoma coa menor taxa de incidencia a 7 días, 655 casos por 100.000 habitantes, e seguimos a ter a menor presión nos hospitais: un 0,67% fronte a case o 5% da media estatal". A taxa de positividade segue en torno ao 1%. O 93% dos galegos susceptibles de recibir a vacina conta xa coas dúas doses da vacina, 5 puntos máis que a media do Estado.

                                        Este es la plantilla de ECG
                                        13:26 h.

                                        Comeza a rolda de prensa

                                          O vicepresidente primeiro Alfonso Rueda comparece tra-lo Consello da Xunta debido á viaxe a Madrid de Alberto Núñez Feijóo para reunirse coa ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera. Rueda detalla algúns dos asuntos que o presidente levará á xuntanza, entre eles os fondos Next Generation.

                                          21 oct 2021 / 12:04
                                          • Ver comentarios
                                          Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                                          TEMAS
                                          Tema marcado como favorito
                                          Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.