Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Intercambio de experiencias de cara a aminorar os efectos nocivos do cambio climático

Santiago. A Xunta e a Asemblea Cidadá para o Clima intercambiaron experiencias de cara á mitigación dos efectos do cambio climático durante unha reunión que mantivo a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, con representantes desta organización.

Durante o encontro, Sagrario Pérez ofreceu a esta Asemblea a Alianza galega polo clima como plataforma desde a que completar o plan de socialización do seu informe de recomendacións, xa que a mencionada Alianza ten por obxectivo unir esforzos para situar á Comunidade á cabeza das rexións europeas na loita contra o quecemento global e que conta xa con máis de 30 entidades adscritas, como universidades, empresas, autoridades portuarias e entidades deportivas.

Pola súa banda, os representantes da Asemblea Cidadá para o Clima expuxeron as conclusións do informe que elaboraron sobre as 172 recomendacións para abordar a loita contra este fenómeno en España.

Neste senso, hbería que lembrar que esta entidade se creou ao abeiro da Lei 7/2021 do cambio climático e da transición enerxética co fin de contribuír ao proceso de toma de decisións achegando a visión da cidadanía.

De feito, esta organización configúrase como un foro de participación para xerar reflexión, coñecemento colectivo e que permite á cidadanía informarse, deliberar e xerar consensos sobre as posibles solucións ás grandes transformacións que é necesario acometer para alcanzar a neutralidade climática antes do ano 2050 e para facer un país máis resiliente aos impactos do quecemento global dunha maneira xusta e solidaria. x.g.

02 ene 2023 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito