Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Jorquera critica a Inés Rey pola Memoria Histórica

PLENO. No pasado pleno, o PSOE uniu os seus votos aos do PP para rexeitar unha moción do BNG coa que a formación nacionalista pedía a retirada de honras e distincións de que aínda goza o alcalde e represor franquista Sergio Peñamaría de Llano. O PSOE argumentou nunha emenda, que o BNG rexeitou por desnaturalizar a iniciativa, que era preciso un “estudo serio e rigoroso” para fundamentar a aplicación da Lei da Memoria Histórica neste caso.

Ocorre que ese informe xa existía, foi elaborado polo Instituto José Cornide precisamente por encomenda da Comisión da Memoria Democrática (órgano presidido pola alcaldesa) e xa o tiña o Goberno Local desde novembro de 2020.

É por isto que o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vaille preguntar este vindeiro xoves, no pleno de decembro, ao Goberno Local, por que ocultou a existencia dese informe, un estudo que taxativamente pedía a retirada das honras e distincións de Peñamaría de Llano, ben como tamén doutras personalidades do franquismo, desde Alfonso Molina até Pedro Barrié de la Maza.

Para o BNG, a política do Goberno Local en materia de memoria histórica caracterízase polo desleixo e pola falta de interese á hora de aplicar a lexislación vixente na nosa cidade e á hora de acelerar procesos como o da recuperación da Casa Cornide.

Canto ao palacete da Cidade Vella, cumpre lembrar que o Pleno do Concello, precisamente a iniciativa do BNG, aprobou xa á altura de setembro de 2019 que o Goberno local fose aos tribunais para conseguir a súa reintegración ao patrimonio municipal. redacción

29 nov 2021 / 20:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.