Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Máis de 92.500 familias galegas beneficiáronse xa da Tarxeta Benvida

axuda. A Xunta de Galicia concedeu 92.500 Tarxetas Benvida para axudar ás familias polo nacemento dun bebé. O Goberno galego impulsa desde o ano 2016 este importante apoio cuxo obxectivo principal é atender os gastos que supón ampliar a familia como a compra de alimentos infantís, cueiros, roupa, berces ou produtos de hixiene ou farmacia. Con carácter xeral, a contía da axuda que reciben as familias a través deste programa é de 1.200 euros durante o primeiro ano de vida do fillo. Esta duplícase no caso das familias numerosas e increméntase un 25 por cento no caso daquelas que viven en concellos de menos de 5.000 habitantes. Así mesmo, a axuda pode estenderse ata os catro anos de vida do neno naqueles fogares especialmente vulnerables. A Xunta investirá 31,5 millóns para que as nenas e nenos nacidos no ano 2023 teñan acceso á Tarxeta Benvida, unha axuda que acada un orzamento acumulado de 196 millóns, incluída esta nova convocatoria. Estímase que oito de cada 10 familias galegas están en condicións de recibir a Tarxeta Benvida, que forma parte das medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para apoiar ás familias, tales como: a gratuidade das escolas infantís, as casas niño, ou o bono coidado. X.G.

02 ene 2023 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.