Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Medidas da Deputación coruñesa fronte a alza dos custos nas obras

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o vicepresidente, Xosé Regueira e o deputado de Contratación, Xosé Lois Penas, mantiveron unha reunión coa directiva da Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña (Apecco), presidida por Diego Vázquez Reino, na que este trasladou ao Goberno provincial un informe que analiza a grave situación que atravesan as máis de 3.500 empresas e autónomos que integran o sector debido ao incremento do prezo dos materiais.

Vázquez Reino explicou que o sector está atravesando “unha situación moi complexa que vimos arrastrando desde 2008”, pero que se agravou especialmente coa pandemia e as consecuencias da guerra de Ucrania “que fixeron que tivéramos un incremento do custe das obras do 22,7 % en 2021, que siguen incrementándose en 2022”.

González Formoso destacou a importancia dunha actividade que xera 40.000 empregos e anunciou o compromiso do Goberno provincial de habilitar este ano unha partida orzamentaria para que tanto Deputación e como concellos podan actualizar os prezos dos contratos en licitación e execución, compensando a alza de prezos daqueles proxectos que acrediten as perdas debido a situación de carestía das materias primas e combustibles”. Para iso, explicou, é necesario que Xunta de Galicia faga a habilitación legal correspondente en aplicación do decreto de 30 de marzo de 2022.

O deputado de Contratación, Xosé Lois Penas, afirmou que esta reunión é unha mostra mais da alta preocupación que temos pola situación actual, onde se mesturan os xa existentes problemas de contratación laborais cun incremento desmesurado das materias primas, unha crise enerxética e a recente folga de transportes. Todo iso aboca o sector a unha situación precaria que poder rematar, como xa está a acontecer, en licitacións desertas, ofertas a perdas ou riscos de Ertes en empresas.

Os responsables de Apecco presentaron un informe sobre o impacto económico que os incrementos de prezos e o desabastecemento de determinadas materias está a ocasionar. No informe acredítase que o 75 % das empresas experimentou retrasos nas entregas de materiais, especialmente no caso da madeira, o aluminio e o PVC, aínda que tamén noutros como ferro, formigón, vidro ou cemento.

En relación ao incremento de prezos, desde Apecco explican que o 95 % das empresas do sector notaron un incremento inusual do prezo dos materiais nos últimos tres meses , que supón un incremento medio do custo total das obras dun 22,2%. Entre os materiais que máis incrementaron os seus prezos no último trimestre detacan a madeira (125 %), o betún (125 %) aceiro (55 %), o ferro (51 %) ou o aluminio (40 %). Esta situación deriva en que o 60,5 % das empresas vironse na obriga de paralizar ou cancelar obras e atender ás penalizacións económicas coprrespondentes.

09 abr 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.