Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
SERVIZOS

Neda pide axuda a Augas de Galicia para o seu saneamento

Foi o único concello da ría de Ferrol que quedou fóra da depuración integral // Conta cunha depuradora propia que presenta numerosas deficiencias // Recibe sancións frecuentes por verquidos e a mellora necesitaría dous millóns de euros

Cando se anunciou o saneamento integral da ría de Ferrol no ano 2013, Neda foi o único concello que quedou fóra. Conta cunha depuradora propia, que ten agora uns 30 anos pero que tamén presenta deficiencias. O propio concello recibe continuas sancións da Xunta de Galicia, a razón de 2.500 euros cada unha por verquidos á ría. E quere mellorar o sistema de saneamento, pero a financiación necesaria é de dous millóns de euros e por iso pide axuda á Xunta de Galicia. Según indicou o alcalde Ángel Alvariño, en rolda de prensa este martes, “demandamos a confinanciación porque os custes son inasumibles para un concello cun orzamento de cinco millóns de euros”.

Acompañado polas concelleiras de Servizos Sociais e Educación, Ana Rosa Pena e Ángeles Puentes, o mandatario local recalcou que “representantes da Xunta anunciaban a pasada semana que rematou o proceso de saneamento da ría de Ferrol... pero falta aínda unha parte por sanear, falta Neda”. Lembra que “o noso concello foi o único da ría que inexplicablemente quedou fóra do proxecto e dos colectores”. E a partir desa situación, a administración local asumiu diferentes intervencións. O próximo proxecto ao respecto necesitará 550.000 euros para poñer fin ás filtracións detectadas nas analíticas da depuradora.

Según Ángel Alvariño, “resulta inexplicable que desde hai tres anos Augas de Galicia agrave a situación con continuas multas por verquidos á ría”. O concello tamén traballa en regularizar o servizo de recollida de lixo, que funciona desde 1999 fóra de contrato.

29 sep 2020 / 19:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.