Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Noa Madera chegará ao Parlamento galego da man de Ana Pontón

Fene. Ante a intención de Noa Madera de despedir a 80 traballadores e aplicar un ERTE de 15 meses aos aoutros 78, o BNG organizou este martes un encontro cos seus operarios. E anunciou que a problemática será trasladada ata o Parlamento galego. Nas instalacións ubicadas no polígono fenés de Vilar do Colo estivo a portavoz nacional, Ana Pontón, para acusar á Xunta de “cruzarse de brazos cando hai 150 empregos en risco”.

Pontón mantivo a intención do BNG de “derrogar a contrarreforma laboral que facilita despidos e abusos”. E criticou “a inacción dun Feijóo que deixa un deserto industrial tras once anos na Xunta”. Lamentou que a empresa relacionada co sector da madeira “se sitúe ao borde da desaparición nunha comarca como Ferrolterra, que leva moitos anos padecendo a desertización industrial e ás portas dunha crise económica e social derivada da pandemia”. E avanzou que presentará na Deputación Permanente do Parlamento “unha iniciativa para que o Goberno de Feijóo explique que actuacións están levando a cabo para impedir a perda dos empregos nesta empresa”.

A líder nacionalista estivo acompañada polo alcalde de Fene, Juventino Trigo; o primeiro tenente de alcalde de Cabanas, Iago Varela; o candidato do BNG ás autonómicas por A Coruña, Xosé Luís Rivas; e o candidato pola comarca, Mon Fernández. Segundo insistiu Pontón tras un encontro cos traballadores, “cada emprego é fundamental e non imos permitir que unha empresa viable e con capacidade para producir sexa desmantelada por intereses do grupo empresarial que a adquiriu, porque Noa Madera conta con experiencia e traballadoras e traballadores capaces”.

Tamén acusou ao Grupo Malasa, compradora de Noa Madera en 2018, de “desmantelar unha empresa viable, dispón de facilidades para abaratar o despido”. p. h.

02 jun 2020 / 22:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito