Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nova spin-off na USC: combina xenómica e intelixencia artificial

I+D+i. Coa perspectiva de combinar a xenómica e a intelixencia artificial, esenciais para a medicina do futuro, coa intención de acelerar diagnósticos de doenzas raras e establecer as sinaturas moleculares do tumor en doentes con cancro e co obxectivo de atopar marcadores xenómicos para explicar a aparición de enfermidades con base total ou parcialmente xenética, nace Genome4Care, nova spin-off que xorde da actividade investigadora da USC. Segundo os promotores “isto ten implicacións máis alá do diagnóstico destas enfermidades, por exemplo á hora de establecer o prognóstico, dar tratamentos precoces, preventivos e personalizados e favorecer un asesoramento xenético axeitado para as familias. No caso do cancro, a sinatura molecular do tumor determina en moitos casos o tratamento identificando novos targets terapéuticos, facendo posible unha terapia personalizada e optimizada”.

Os socios deste novo proxecto son, ademais da propia Universidade, José Castro Tubío, responsable de I+D para oncoloxía e investigador da USC na vangarda da xenómica do cancro; Aurelio Berna, experto en bioinformática e intelixencia artificial; Manuel Fondevila experto en xenética forense e para a identificación; e Ana F. Marmiesse, especialista en xenética humana e directora de operacións e desenvolvemento de produto. Genome4Care forma parte de BioIncubatech, a primeira bioincubadora de Galicia e a a única en España especializada en proxectos biotecnolóxicos aplicados á saúde e ao sector agroalimentario. Conta con finanzamento da Fundación Incyde e da Axencia Galega de Innovació. r.m.a.

26 jun 2020 / 23:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito