Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Bloque pide explicacións no Parlamento polos contratos de Patrimonio coa empresa Tragsatec

sentenza. O BNG vén de solicitar a comparecencia urxente da directora xeral de Patrimonio Cultural para que dé explicacións á Cámara logo de que o Tribunal Superior de Xustiza fixese pública unha sentenza pola que se condena á Xunta “por subcontratar de forma ilegal a elaboración de informes de impacto no patrimonio cultural, no canto de asumiren esta responsabilidade o persoal profesional técnico da propia Consellería”, según explicou a deputada Mercedes Queixas. A parlamentaria lembrou que o BNG xa advertira en comisión parlamentaria o mes de xuño “esta falta de control das subcontratas” que, dixo, supuxeron desde 2018 “redirixir 1,5 millóns de euros do erario público a Tragsatec”.

A sentenza do TSXG chega logo dun recurso da CIG contra unha resolución do Executivo de decembro de 2020 no que publicaba unha nova encomenda de xestión a Tragsactec por un importe de máis de 400.000 euros para executar nun prazo de seis meses. A encomenda a Tragsatec tiña como obxecto a elaboración de informes técnicos previos a autorizacións previstas na lei galega de patrimonio cultural, respecto de intervencións que afectaban os camiños de Santiago, a bens de interese cultural ou catalogados, á súa contorna e á súa zona de amortización. A defensa da Xunta neste proceso baseábase, entre outros argumentos, en reafirmar “a potestade de autoorganización” da Administración para fornecer este servizo e en negar que conte “con medios propios” . redac/E.P.

25 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito