Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

O certificado COVID podería estenderse de novo a toda a hostalaría

Este es la plantilla de ECG
13:54 h.

Remata a rolda de prensa

    Este es la plantilla de ECG
    13:53 h.

    Concerto sanitario en Vigo

      "Estamos a actualizar o concerto sanitario de Vigo, que vén do século pasado". Así responde Feijóo a preguntas dos xornalistas sobre a derivación de pacientes da sanidade pública á privada na cidade olívica. 

      Este es la plantilla de ECG
      13:52 h.

      Memoria histórica

        "As habilidades do Goberno actual son moi superiores ás de calquera outro goberno". Así se pronuncia o presidente ao ser preguntado pola intención do PSOE e Podemos de xulgar os crimes do franquismo. "Paréceme escandaloso que cada vez que hai un problema, o Goberno saque un tema para desviar a atención. Estamos en tempos de menos cortinas de fume, cos problemas que temos. Non vou participar nese desvío da atención e voume centrar nos problemas que ten a xente".

        Este es la plantilla de ECG
        13:50 h.

        Fondo COVID

          Todos os partidos, salvo os que apioan ao Goberno central, están a favor da habilitación dun fondo COVID para 2022. Agarda Núñez Feijóo "que se manteña, e non haxa unha transacción cara o Executivo catalán que deixe diluido o fondo".

          Este es la plantilla de ECG
          13:47 h.

          AVE a Galicia

            O vindeiro luns a Xunta foi convidada a realizar un percorrido de proba no tren de alta velocidade por Sanabria e Zamora ata Ourense. Aínda non se sabe, di o presidente, a data na que se poñerá en marcha o servizo para tódolos galegos, nin cando se poñerán á venda os billetes. Lamenta que polo momento non haxa trens desde Ourense cara as demais cidades galegas.

            Este es la plantilla de ECG
            13:42 h.

            Retomarase o cribado de saliva nas farmacias

              Anuncia Feijóo que se cribará por completo, con antíxenos, a todas as localidades cunha elevada incidencia de casos de COVID. Ademais retomarase o cribado de saliva nas farmacias.

              Este es la plantilla de ECG
              13:41 h.

              Sorprendido polo anuncio de Sánchez de vacinar aos maiores de 60 anos e aos sanitarios

                Di Feijóo que "finalizaremos coa terceira dose para os maiores de 70 anos, a principios de decembro". O presidente afirma estar sorprendido polo anuncio de Pedro Sánchez de que hai que vacinar aos maiores de 60 e a todo o persoal sanitario e sociosanitario. Eso, dixo, precisa dun protocolo e dun calendario. "Seguiremos as recomendacións do Consello Interterritorial de Saúde. Deixaremos montados os centros de vacinación masiva ata rematar".

                Este es la plantilla de ECG
                13:37 h.

                Necesidade do certificado COVID

                  A preguntas dos xornalistas, Núñez Feijóo insiste na necesidade de poder esixir o certificado COVID en lugares sensibles como a hostalaría. "Eu veño de estar en Bruxelas, e alí non podía entrar en ningún sitio sen o certificado".

                  Este es la plantilla de ECG
                  13:36 h.

                  A Xunta baralla presentar un recurso contra o decreto que permite pasar de curso con suspensos

                    Segundo Feijóo, a decisión do Goberno de permitir pasar de curso con suspensos na ESO "é unha decisión moi mala que crea incerteza no eido da educación, confunde aos alumnos e resta autoridade aos docentes". O obxectivo de Galicia, sinala, é diminuir o abandono escolar. Cre que hai unha invasión de competencias e que un ministerio non pode unilateralmente decidir sobre o sistema educativo dun país. Unha vez se publique no BOE, "valoraremos a posibilidade de recurrir".

                    Este es la plantilla de ECG
                    13:31 h.

                    Senda peonil en Rois

                      A xunta aportará 725.000 euros para a habilitación dunha senda peonil en Rois.

                      Este es la plantilla de ECG
                      13:31 h.

                      Nova depuradora en Foz

                        12,5 millóns de euros destinará a Xunta para unha nova depuradora en Foz (Lugo). Terá unha capacidade para máis de 22.000 habitantes.

                        Este es la plantilla de ECG
                        13:30 h.

                        Prevención de inundacións

                          Colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia para a elaboración dun sistema de prevención de inundacións nas áreas de Galicia Costa, denominado Merlín. 

                          Este es la plantilla de ECG
                          13:28 h.

                          Convenio co Concello de Begonte

                            Convenio co Concello de Begonte, na provincia de Lugo, para proxectos como a habilitación dun conservatorio de música e dun auditorio.

                            Este es la plantilla de ECG
                            13:27 h.

                            Axudas para o sector do mar

                              O presidente da Xunta fala de axudas destinadas ao sector do mar, das que se poderán beneficiar confrarías e federacións de pescadores, entidades asociativas, profesionais do sector, clubes deportivos, etc.  

                              Este es la plantilla de ECG
                              13:26 h.

                              O reto demográfico implica o retorno dos galegos que viven fóra

                                O reto demográfico é a primeira das prioridades do Goberno de Europa. Para afrontalo plantexamos a conciliación e a natalidade, o que implica unha aposta polo retorno dos galegos descendentes de galegos e que viven fóra. Malia a pandemia do COVID, en 2020 uns 22.000 galegos residentes no exterior volveron a Galicia dacordo co INE. Desde a Xunta, sinala Feijóo, "ofrecemos educación e sanidade gratuita, e apoio na procura dun emprego". En 2020 o saldo migratorio de Galicia foi positivo en 14.000 persoas, e a idade media dos retornados foi de 37 anos. En dous anos "fixemos nesta materia o que tiñamos previsto en tres. Deben entrar anualmente entre 15.000 e 20.000 persoas en Galicia fronte ás que saen".

                                Este es la plantilla de ECG
                                13:19 h.

                                Certificado de trazabilidade para as empresas forestais

                                  A Xunta ofrece o certificado de trazabilidade a tódalas empresas de carácter forestal. É unha ferramenta dixital que nos permitirá saber se a madeira é galega, onde foi cortada, a pegada de carbono e outros datos. Poderemos escanear o código QR que vai na etiqueta dos productos, e aí atoparemos toda a información. "É un antes e un despois no tocante á transparencia", segundo o presidente.

                                  Este es la plantilla de ECG
                                  13:13 h.

                                  Destinaranse 157 millóns de euros a axudas en materia de vivenda

                                    Crearanse uns 17.000 postos de traballo co investimento de 157 millóns de euros en axudas en materia de vivenda. Estamos, di Feijóo, "ante un momento histórico para rehabilitar unha vivenda en Galicia", grazas en boa medida aos fondos Next Generation.

                                    Este es la plantilla de ECG
                                    13:11 h.

                                    Apoio aos sectores naval, aeronático, da automoción e agroalimentario

                                      O Goberno comprométese a convocar proxectos estratéxicos para o sector naval e o sector aeronáutico. Tamén se compromete a que o proxecto Áncora teña cabida para obter fondos do Perte da automoción. Comprométese a sacar un Perte para o sector agroalimentario.

                                      Este es la plantilla de ECG
                                      13:08 h.

                                      Axudas ao turismo

                                        37 millóns de euros en axudas ao turismo: 22,3 para o empresariado turístico, 4,5 para os concellos, 4,2 para o bono turístico, e 150.000 euros para o tecido asociativo do Camiño de Santiago. Xunto cos 90 millóns de axudas directas fan un total de 127 millóns en axudas para o sector.

                                        Este es la plantilla de ECG
                                        13:05 h.

                                        Emisión de débeda pública a través de bonos verdes

                                          Galicia emitirá débeda pública a través de bonos verdes, que se destinará a iniciativas de enerxías renovables, eficiencia enerxética, transporte limpo, educación...

                                          Este es la plantilla de ECG
                                          13:04 h.

                                          Material fronte á COVID

                                            Autorizados 3,5 millóns de euros para a compra de material fronte á COVID

                                            Este es la plantilla de ECG
                                            13:03 h.

                                            Feijóo reclama unha lexislación estatal para a esixencia do certificado COVID

                                              É necesaria unha lexislación de respaldo estatal para non ter que recorrer aos tribunais galegos cando é preciso, ante unha nova onda, esixir o certificado COVID.

                                              Este es la plantilla de ECG
                                              13:01 h.

                                              Barállase pedir de novo o certificado COVID na hostalaría

                                                Incrementaranse os cribados, secuenciaranse todos os casos de coronavirus e barállase esixir o certificado COVID en máis lugares que na actualidade, incluíndo a hostalaría e os eventos masivos en interiores.

                                                Este es la plantilla de ECG
                                                13:00 h.

                                                Prevense uns 400 novos contaxios diarios

                                                  A partir da semana que vén prevense uns 400 novos contaxios diarios. Hai 5 novos casos de variante delta plus

                                                  Este es la plantilla de ECG
                                                  12:59 h.

                                                  A evolución da pandemia é preocupante

                                                    O aumento de novos casos diarios sitúanos, segundo os expertos, ante unha nova onda do virus, se ben cunha situación de certa estabilidade a diferencia das anteriores. 

                                                    Este es la plantilla de ECG
                                                    12:58 h.

                                                    Galicia é a comunidade con menor presión hospitalaria

                                                      Alberto Núñez Feijóo inicia a comparecencia cos últimos datos do COVID. Di que Galica é a comunidade autónoma con menor presión hospitalaria, e a terceira con menor taxa de positividade. O 94,2% da poboación diana de Galicia ten xa a primeira dose contra o COVID e o 93,4% ten a pauta completa.

                                                      18 nov 2021 / 11:58
                                                      • Ver comentarios
                                                      Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                                                      TEMAS
                                                      Tema marcado como favorito
                                                      Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.