Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O CGES apoia o recurso da UPG para outorgar aos colexios profesionais ferramentas de protección

O Consello Galego de Enxeñerías está conformado por oito colexios profesionais de enxeñeiros

O Consello Galego de Enxeñerías manifesta o seu apoio ao recurso presentado pola Unión Profesional de Galicia para que se colexien de oficio aqueles profesionais que exerzan a profesión sen estar adscritos a ningún colexio oficial. Dende esta organización subscriben o redactado pola asociación que tamén procura defender a voz dos colexios profesionais.

O escrito presentado por UPG apoiase no articulo 3.2 da Lei 2/74 de Colexios Profesionais sobre o que busca determinar se cabe proceder a colexiación de oficio de quenes, sen estar colexiados, exercen profesións que así o esixen. Posto que desta norma se desprende que é o interesado o que debe decidir sobre o exercicio dunha profesión de colexiación obrigatoria, pero queda forá da súa vontade a decisión do exercicio desta profesión sen este requisito, pois é unha obrigación imposta legalmente, cuxa tutela pertence ao colexio profesional, que debe esixir o seu cumprimento. Así, dende estes organismos poderían abrir un expediente de colexiación de oficio a quenes exerzan a profesión sen estar colexiados.

Máis información sobre o CGES

O Consello Galego de Enxeñerías está conformado por oito colexios profesionais de enxeñeiros: Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, Enxeñeiros Industriais, Enxeñeiros de Minas, Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros de Telecomunicacións, Enxeñeiros de Montes, Enxeñeiros Navais e Oceánicos, e do ICAI. O obxectivo principal desta agrupación é representar nunha única voz á enxeñería galega ante as Administración Públicas e ante a sociedade. A Asociación representa na actualidade a máis de 5.000 profesionais de alta formación e cualificación internacional.

O CGES promove a coordinación entre os diferentes campos da enxeñería en Galicia, potencia o traballo interdisciplinar e expón as inquedanzas da enxeñería ante organismos públicos e privados. Do mesmo xeito, dende a organización búscase avanzar na prospección da evolución científica e tecnolóxica no territorio, así como prestixiar a enxeñería en Galicia, colaborar con todo tipo de organizacións no desenvolvemento e promoción da enxeñería galega e contribuir ao perfeccionamento das ensinanzas de enxeñería e a formación continua en Galicia.

11 nov 2020 / 11:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.