Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O cheque adicional para a compra de material escolar poderase recoller dende o luns nos centros educativos

Santiago. As familias beneficiarias do vale da Xunta para a compra de material escolar poderán recoller o cheque adicional a partir do luns no seu centro educativo. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución que amplía as axudas para adquirir material escolar, a través da que os máis de 90.000 alumnos que xa recibiron 50€ obterán agora outros 25€ sen facer ningún trámite adicional. Do mesmo xeito, o alumnado que se incorpore ao sistema educativo galego durante o curso, ata o 31 de marzo de 2023, e que teña dereito a recibir esta axuda, tamén poderá solicitala. Lembran dende o Exexutivo autonómico que, en conxunto, o 75% dos alumnos galegos reciben axudas da Xunta para libros de texto, libro electrónico ou material no marco “dun dos programas máis xustos do Estado”, aseguran. Explican que isto é porque a asignación “vai en función da renda familiar, beneficiando máis aos que menos teñen”. En concreto, lembran dende o Executivo galego que os vales de material van dirixidos ao alumnado matriculado en Educación Primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€. Pola súa banda, o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta e o de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, recibe esta axuda con independencia da renda. Para facer posible este incremento do 50% no importe das axudas de adquisición de material, o Goberno galego ampliou a partida de 5,5M€ prevista inicialmente para este fin ata case 8M€. O obxectivo, aseguran, é contribuír a paliar a alza dos prezos pola inflación, de tal forma que non afecten aos cidadáns. Esta nova acción enmárcase nas distintas medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para aforrarlle este curso ás familias 107M€ e que chegan tamén a outros ámbitos como os comedores ou as taxas universitarias. E.N.

15 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito