Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
ENTREVISTA
Alfonso Villares, alcalde popular de Cervo

“O Goberno central está ausente nun intre crucial das negociacións de Alcoa”

“Á última reunión non asistiu ninguén do Ministerio de Industria”

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, reclama unha intervención do Goberno central a través da Sociedad Estatal de Participaciones Industriales (SEPI) para salvar a planta alumineira de Cervo e Xove. Abordamos co rexedor unha situación que ten en vilo ao conxunto da comarca da Mariña lucense.

O venres rematou o prazo que se deron Alcoa e o comité de empresa para a venda da factoría nunha situación de incertidume...

É certo,e nestes intres a SEPI ten anunciado un compromiso de que ía intervir temporalmente a empresa ata que houbera un comprador final da factoría. Agardamos que a SEPI interveña a empresa para darlle unha saída á crise. Foi un ofrecemento do propio goberno intervir a factoría para salvala.

A SEPI di agora que é Alcoa a que debe negociar cos compradores. Nun principio era esta sociedade estatal a intermediaria da venda.

A SEPI estase desdecindo. Ía mediar e intervir a empresa, pero volveuse atrás.

Semella un pouco absurdo que se había un comprador como Liberty non se pechara a negociación.

Non sabemos cal foi o motivo. Ao parecer había problemas cos avalistas. Hai un ofrecemento de Alcoa para seguir dilatando as negociacións ata que apareza un comprador, sexa Liberty ou outro investidor industrial. O venres houbo unha reunión sobre a planta alumineira de San Cibrao e non asistiu ninguén do Ministerio de Industria, cando nos estamos xogando preto de mil empregos e a estabilidade na comarca. Neste ano a pranta fucionou e os traballadores cobran, aínda que a súa situación anímica é de desánimo.

Por que está tan interesada Alcoa na cláusula de idemnidade para non ter que facer fronte a posibles requerimentos xudiciais despois da venda? Chegou dicir que vendía a factoría por un euro e aínda engadía unha boa cantidade de cartos...

Aquí ten moito que dicir a Administración central. Esta sendo moi preocupante a ausencia do Goberno nestes intres tan delicados e de incertidume para o traballadores e a comarca.

Entretanto os traballadores amenazan con novas mobilizacións. Que opina desta decisión?

Entendo que é normal se teñen un problema e non ven solucións.

Cal é a postura do Concello de Cervo nesta crise?

Estar por suposto ao carón dos traballadores e identificar a quen hai que pedirlle a solución. Penso que é o Goberno central a través da SEPI. Alcoa está nun porto estatal e ten estrada propia tamén estatal. A solución ten que ser rápida, o tempo xoga en contra dos traballadores.

01 may 2021 / 19:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.