Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Plan de Financiamento Universitario incorporará maior rendición de contas

Por primeira vez terá un instrumento para que a sociedade saiba que fan as tres institucións cos cartos e os resultados de cada unha

A Xunta e as tres universidades públicas galegas están nestes momentos en pleno proceso de negociación do novo Plan de Financiamento Universitario, o que rexirá no periodo 2022/26, despois de que o anterior se prorrogara para este exercicio pola pandemia da Covid-19.

Nesta negociación, a Consellería de Educación pretende introducir na nova programación unha maior rendición de contas das tres institucións cara a sociedade galega, é dicir, que os galegos saiban con máis claridade en que se utilizan os fondos públicos que reciben e cales son os seus resultados nos indicadores que se establezan como principais. Indicadores básicos de cuxa consecución dependerán os cartos que reciban as universidades.

Esta novidade adiantouna este mércores o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, na Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia. Foi na súa resposta a unha pregunta do Grupo Popular –defendida polo deputado Ovidio Rodeiro–, no que interpelaban á Xunta sobre a situación das negociacións deste Plan.

Díez de Castro, ademais, explicou que no novo plan o Goberno galego quere incrementar rendición de contas polo que introducirá, por primeira vez, un “cadro de contas” e un “panel de indicadores máis amplo con resultados concretados de cada universidade que permita medir a súa evolución nas seis dimensións”.

Ademáis, recordou o anuncio feito polo presidente da Xunta na inauguración do curso universitario, cando asegurou que se aumentará o financiamento ata os 3.000 millóns de euros nesta nova programación. Díez de Castro desgranou un pouco como foi no anterior Plan, o 2016/2020 prorrogado para 2021. As previsións no documento falaban de que a finais de 2020 serían 2.477 millóns de euros, que se dividían en dúas partes.

Por unha parte, as transferencias directas da Xunta, por 2.067 millóns e por otra os recursos captados polas propias universidades de fonte externas, estimados en 410. A realidade foi que aumentaron ambos conceptos, 2.093 directos e 576 captados, en total, 2.669 millóns. Así, son “192 millóns por riba das previsións e un incremento do 30 % con respecto al plan anterior, de 2011/25”, indicou o secretario xeral, engadindo que para a prórroga de 2021 son 44 millóns e 10 a maiores para a dixitalización.

Os seis eixos nos que se baseará serán o financiamento global, a internacionalización, a relación coa empresa, a innovación na docencia, la investigación e a responsabilidade social. E pretende máis estabilidade, manter a modernización e aumentar a competitividade.

educación no rural
A Xunta non ve necesario un observatorio

··· O PSdeG presentou tamén unha pregunta para saber se a Xunta considera necesario a creación dun Observatorio da educación rural. Defendida polo socialista Luis Álvarez, que recordou o peche de centros pola diminución de alumnos e avisou da falta de igualdade de oportunidades no rural. A resposta, de mans do director xeral de Educación, José Luis Mira Lema, foi que o Goberno galego traballa para que o rural teña as mesmas oportunidaes, e que non cren necesario a creación da entidade xa que a Lei de Impulso demográfico contempla un observatorio de dinamizacion demografica con actuacións no rural.

23 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.