Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O portal 'Proxector' renóvase e ofrece 600 vídeos didácticos en galego

Están dirixidos a docentes e alumnado de Ensino Medio e Universidade

SANTIAGO. EP. O Consello da Cultura Galega (CCG) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) renovaron o portal 'Proxector' para dar visibilidade aos recursos didácticos en galego. Nesta nova etapa, a web contará con 600 vídeos didácticos, feitos ou subtitulados en galego, dirixidos a docentes e alumnado de Ensino Medio e Universidade. Este martes, a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e o vicerreitor de Planificación da USC, Gumersindo Feijoo, presentaron a renovación deste espazo e aseguraron que o proxecto “é moito máis que un redeseño, é un cambio de concepto”. A presidenta do CCG destacou que este cambio se apoia en tres eixos: “ciencia e divulgación científica, un público novo e o feito lingüístico”.

‘Proxector’, que se lanzou en 2015, entrou en “unha nova etapa” segundo os seus responsables. Por unha banda, todos os vídeos están aloxados no repositorio creado polo do CCG, o que lle dá unha maior estabilidade e difusión. Por outro, ampliou o seu público ao incorporar recursos dirixidos o ensino secundario. Desta forma, a iniciativa busca actuar nos ámbitos relevantes para a normalización lingüística: ESO, bacharelato e FP, para os que se ofrecen recursos para materias que non poden darse en galego por lei. Materias “para etapas máis desatendida pola Administración”, segundo as conclusións dos últimos ‘Encontros para a NormalizaciónLingüística’, organizados o pasado outubro polo CCG.

A plataforma concentra nun espazo materiais que existenen outras redes, xa filtrados e etiquetaxes, de distintos ámbitos como a antropoloxía social, bioloxía, dereito, economía, comunicaciónaudiovisual, xornalismo... Ademais, ofrece especiais que agrupan recursos sobre aspectos de actualidade. De tal forma, a renovación de ‘Proxector’ arrincou cun especial sobre “virus, epidemias e vacinas”.

18 ene 2022 / 19:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.