Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O PP convoca en Ferrol a primeira concentración para reclamar ao Goberno que rectifique a lei do ‘só si é sí’

Ferrol. Ferrol acolleu onte a un centenar de persoas convocadas polo PP para reclamar ao Goberno central a rectificación da lei do ‘só si é si’. A concentración tivo lugar na praza da Constitución, baixo a lema ‘Sánchez, polas vítimas, rectificación si ou si’, que se lía nunha pancarta que incluía o hashtag ‘#NoEsUnChiste’. Trátase da primeira convocatoria deste tipo que realiza o PP a nivel estatal e contou coa participación da secretaria xeral do PP galego, Paula Prado, e o deputado autonómico José Manuel Rey Varela. “O Goberno ten que rectificar ante esta barbaridade que nos está levando a ver cada día un goteo constante de condenas rebaixadas e de delincuentes sexuais na rúa antes de tempo”, sinalou Prado. Ademais, detallou que “desde a entrada en vigor desta lei reducíronse máis de 200 penas en toda España e Galicia é, por desgraza, a segunda comunidade onde máis delincuentes viron rebaixada a súa pena”. Prado incidiu en que PP non pode “mirar cara a outro lado” porque “isto non é un chiste”, en alusión ás declaracións realizas pola secretaria de Estado de Igualdade, Ángela Rodríguez, Pam. Así, reclamou “o cesamento inmediato” tanto de Pam como da ministra de Igualdade, Irene Montero, cuxa continuidade no goberno é, para Prado, unha mostra de que o presidente, Pedro Sánchez, é un “covarde”. A preguntas dos medios de comunicación, Prado asegurou que o Partido Popular de Galicia seguirá convocado concentracións segundo se vaian coñecendo novas rebaixas de penas por esta lei. “En Galicia imos saír, sempre que podamos, a dicirlle a Pedro Sánchez que rectifique si ou si”, remarcou Prado, acompañada polo presidente do PP de Ferrol, José Manuel Rei, que apelou a estar “ao lado das vítimas” e non “dos seus agresores”. “Ninguén entende esta redución de penas aos agresores que só condena á vítima a un duro e longo sufrimento”, manifestou Rey Varela. E.N./EP

21 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito