Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O PP coruñés parabenízase polo resultado do 12-X na vila

Fernández Prado agradeceulle á militancia por ser a vila galega que máis votos aportou a Feijóo

O presidente do PP da cidade da Coruña, Martín Fernández Prado, acompañado polo presidente provincial da formación do charrán, Diego Calvo, reuniu onte á Xunta Directiva Local para analizar os resultados das eleccións autonómicas do pasado 12-X na cidade herculina, nas que o PP logrou igualar o seu mellor resultado electoral, cun 46,11% dos sufraxios.

Prado parabenizou e agradeceulle ás bases populares da cidade o seu traballo para acadar estes resultados: “Quiero dar las gracias a toda la familia del PP coruñés –apoderados interventores, voluntarios, directivos, militantes y votantes en general– por haber demostrado vuestra grandeza y unión a lo largo de la campaña, lo que nos ha permitido obtener este resultado extraordinario y ser, además, el ayuntamiento gallego que más votos ha aportado al triunfo de Feijóo”.

O presidente local puxo en valor que o PP aumentase un 37,8% o número de votos na cidade herculina con respecto ás eleccións municipais e un 39,4% respecto ás xerais, a pesares da menor participación nas autonómicas. “Coruña se ha identificado una vez más con Feijóo, igual que Galicia. Es una simbiosis que va a traer otros cuatro años de prosperidad, porque si Coruña funciona, Galicia avanza”, destacou Fernández Prado.

Respecto á porcentaxe de voto para o PP, Fernández Prado destacou que A Coruña é a cidade da provincia onde máis sube, a terceira de Galicia con maior tanto por cento de apoios e tamén a terceira onde máis medra respecto ás autonómicas de 2016. “A esto hay que añadir que el PP fue el partido más votado en todos los distritos de la ciudad y en el 96,7% de las mesas. En el momento más extraño del siglo XXI, tras un largo período de confinamiento, lo hemos conseguido una vez más. Y lo hemos hecho a base de trabajo, talento, programa y candidatura”, ditaminou Fernández Prado.

MUNICIPAL. Prado insta agora a ampliar este rendemento electoral á propia cidade herculina, onde a Alcaldía está neste momento en mans da socialista Inés Rey e onde a esquerda conta coa maioría absoluta.

“En el PP creemos que nuestro proyecto es el mejor para la ciudad. Este resultado es un claro toque de atención al gobierno local que le exige a Feijóo, siendo este el único que invierte en la ciudad, y se calla ante Sánchez, que en dos años no invirtió un euro en A Coruña”, sentenciou.

ourense
expediente a villarino

··· A Xunta Electoral de Ourense acordou onte que se instrúan expedientes sancionadores contra o líder do PSdeG na provincia, Rafael Rodríguez Villa-rino, por considerar que infrinxiu a legalidade no caso do cartel publicitario e nas mensaxes que difundiu a través das súas redes sociais na xornada de reflexión contra Feijóo.

··· Os feitos están relacionados co panel pu-blicitario instalado na rúa Marcelo Macías no que se catalogaba de “letais” a Núñez Feijóo e Baltar.

··· Do mesmo xeito, durante a xornada de reflexión, o líder socialista emitiu mensaxes en Facebook que a Xunta Electoral considera que “teñen a consideración de propaganda electoral”, ilegal ao longo dese día.

24 jul 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito