Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O PPdeG ve unha sinal de debilidade na oposición por rexeitar os comicios

Socialistas, nacionalistas e rupturistas sosteñen que teñen medo, non as urnas, senón a que a xente arrisque a vida para votar // Caballero e alcaldes do PSdeG tachan de irresponsable a Núñez Feijóo

Semella inminente que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anuncie a data das eleccións gallegas para o vindeiro mes de xullo, co horizonte fixado no día 12 ou como máis tardar no día 19. Os grupos da oposición galega incluso pensan que Feijóo e o lehendakari vasco, Íñigo Urkullu, ben poderían aproveitar a reunión telemática hoxe dos presidentes autonómicos co do Goberno central, Pedro Sánchez, para comunicarlle a celebración dos comicios, que xa no seu día autorizou o propio Executivo coa modificación do decreto do estado de alarma. Segundo voces da oposición galega, con ese anuncio Feijóo e Urkullu eclipsarían o alcance da cita con Sáncez e terían todo o protagonismo do foco informativo da xornada de hoxe.

En todo caso, sexa como sexa, dende o Partido Popular de Galicia consideran que os rexeitamento dos tres principais grupos da oposición galega (PSdeG, Galicia en Común e BNG) a data dos comicios antes de agosto coa que traballa Feijóo, en base aos informes médicos e xurídicos, reflexa “a debilidade” na que se atopan nestes momentos.

Segundo os populares, sorprende que estas tres forzas que están na oposición non queiran que se convoquen os galegos ás urnas. “Ou lles gusta moito como o fai a Xunta encabezada por Feijóo ou saben que non poden ganar os comicios. O seu rexeitamente ás eleccións é unha mostra de debilidade que non ponderaron”, mantén a formación do carrán.

No PPdeG sosteñen que os grupos da oposición non están “preparados” para a cita xa que si o PSdeG que lidera Gonzalo Caballero esperaba axuda do Executivo central esta non se producirá. “É difícil asegurar que Pedro Sánchez esté gañando votos coa xestión da pandemia. Por contra, Alberto Núñez Feijóo está claro que non os perdeu”, abondan.

Para o PPdeG o límite legal para a celebración das eleccións é outubro. “Os médicos ante todo os escenarios de xullo, agosto ou setembro apostan por xullo”, insisten, polo que non ven na oposición máis que “argumentos demoscópicos” para non querer eleccións en xullo.

“PSOE, Bloque e Galicia en Común estanse facendo un lío porque van en contra dos informes dos médicos e por enriba non propoñen unha data para as votacións”, zanxan no PPdeG.

Mentres, dende a oposición recoñecen que teñen “medo” as eleccións, pero non polos argumentos que manexa o Partido Popular de Galicia, senón polo feito de que a xente teña que “arriscar a súa vida” para poder acudir a votar, xa que os informes que lles facilitou o propio Alberto Núñez Feijóo en ningún momento falan de situacións “fiables” para a celebración das eleccións.

Polo seu lado, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, iniciou unha rolda de contactos cos alcaldes socialistas das cidades, cos que asegurou coincidir en que “é unha irresponsabilidade” que Feijóo “convoque agora as elecciones”. “É unha irresponsabilidade convocar no medio do proceso de desescalada, poñendo en risco a recuperación e a saúde dos galegos”, sostivo Caballero, que instou a Feijóo a “rectificar” o que considera “unha decisión persoal e personalista”, que rompe o acordo publicado no Diario Oficial de Galicia”.

En Marea busca revivir

··· Os inscritos de En Marea decidirán se a formación concorre ás vindeiras eleccións autonómicas. Así o aprobou onte o Consello das Mareas nunha reunión telemática, na que tamén deu luz verde a que o exdeputado Francisco Casal e María Chao asuman a portavocía da formación, un cargo que ostentaba até a súa marcha da política o maxistrado Luís Villares. Diso informou En Marea, que explica que acordou facer un chamamento a todos os espazos municipais e outras formacións políticas, da forma máis aberta posible, para coñecer o seu posicionamento e implicación de cara o proceso electoral. Busca coñecer a visión sobre a posibilidade de conformar unha plataforma electoral ampla na que a formación poida estar.

A Fegamp pide protocolos

··· O máximo responsable da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), pediu á Xunta a elaboración de “protocolos claros” sobre o papel dos concellos na organización da xornada de eleccións autonómicas.

Despois dunha reunión do Centro de Coordina-ción Operativa coa Xunta e a Delegación do Goberno, Varela lembrou o “papel fundamental” que desempeñan os consistorios, responsables de “toda a intendencia” dos colexios electorais. “Se vai haber unhas circunstancias excepcionais, teñamos protocolos claros”, reivindicou o presidente do ente municipalista, que considerou necesario que a Xunta “sente a escoitar a opinión dos concellos” de cara á organización da cita coas urnas. Así, como exemplo, sinalou que será necesario saber si se ten que manter unha distancia física entre os membros das mesas, se é necesario material sanitario, controlar o aforo dos colexios electorais e quen vai sufragar eses gastos”. A maiores, esixiu “protocolos clarísimos”.

17 may 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.