Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os centros de educación van ter 500 auxiliares de conversa o curso vindeiro

idiomas. O sistema educativo galego contará o vindeiro curso con 628 auxiliares de conversa nativos, o que supón case multiplicar por dez os 67 que había no curso 2008/09. Desa cifra, 500 chegarán grazas a dous convenios que a Xunta asinará coa Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América (Comisión Fulbright) e co Ministerio de Educación e FP. Outras 128 persoas traballarán nos centros educativos galegos grazas a acordos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade con outras entidades, como o propio ministerio no marco do Acordo de cooperación territorial, co Instituto Confucio ou co Instituto Camões. O obxectivo é continuar reforzando as competencias en idiomas do alumnado galego, no marco da Estratexia de linguas estranxeiras da Consellería. Redacción

11 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito