Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os donos de montes veciñais, en contra da reforma da Xunta

Critican a cesión da titularidade a concellos e a madereiras por 50 anos // Falan de espolio e concéntranse no Parlamento

As portas do Parlamento de Galicia, en Santiago, serán hoxe o escenario dunha nova concentración, mentres os deputados debaten dentro do Hemiciclo do Hórreo. Nesta ocasión serán os propietarios de montes galegos comunais ou veciñais na Organización Galega de Comunidades de Montes (OGCM), xunto coas organizacións que compoñen a plataforma Por un monte galego con futuro, entre elas o sindicato CIG, Adega, Sindicato Labrego ou Fruga.

agresión aos seus dereitos As súas reivindicacións céntranse no feito de que a Xunta aproveitando a Lei de Acompañamento dos Orzamentos da Xunta para 2022, que se debaterá este mesmo día na Cámara galega, pretende introducir dúas modificacións na Lei de Montes Veciñais “que supoñen unha importante agresión aos dereitos da veciñanza comuneira e a protección dos montes”, explican nunha nota de presa.

Xosé Pereira, presidente da OGCM, explicou a este diario que “este método pode ser legal pero non é democrático”, polo que se o Goberno galego quere introducir algún cambio debería “facelo discutíndoo antes no consello forestal e chagando ao parlamento como unha lei normal, con debate, con comisións e non mediante a Lei de Acompañamento dos Orzamentos”, critica.

Xestión do concello cautelar, non dárlle a titularidade Os donos de montes veciñais, unha figura específica de Galicia, alertan de que se se aproban estas modificacións que pretende a Xunta “aqueles montes veciñais onde non exista veciñaza ou sexan declarados en estado de grave abandono, pasarán a ser de titularidade dos concellos e a súa xestión e explotación a mans de empresas madeireiras”, por exemplo. A Consellería do Medio Rural “arrógase o poder de decretar o estado de abandono por meros retrasos ou deficiencias en cuestións administrativas”, indican.

Pereira explica que “no caso de que non exista comunidade de veciños porque non exista ou porque non haxa poboación, estos pasarían a ser titularidade do Concello”. A OGCM cre que este proceso “pode ser unha xestión de xeito cautelar, pero non dárlle a titularidade, porque estás conculcando un dos caracteres do monte veciñal”. A agrupación é consciente de que nestes casos hai que dar unha alternativa, pero “pasaría por unha xestión cautelar, e recuperando a titularidade unha vez que a aldea ou parroquia teña veciños”.

No caso dos montes que a Consellería de Medio Rural declare en grade de abandono, “pretende dar a xestión a terceiros, entre elas empresas madereiras, forestais ou outro tipo de entidades. Nós podemos estar dacordo coa definición de abandono cando se fai un uso abusivo dos recursos, pero isto é unha trampa, un abrecancelos para que a veciñanza quede sen montes.

decretar o abandono por retrasos administrativos Esto é así, indica Pereira, porque “a Consellería pode declarar o abandono por cuestións tan burocráticas como que unha comunidade de montes esqueza mandar cada ano a lista de comuneiros”. Este tipo de situacións non poden ser comparadas co abuso dos recursos, co que eles estarían dacordo, polo que explican que nestos casos “que se poña unha sanción, pero non dar pé para sacarlle a xestión do monte veciñal”, reivindica o presidente da OGCM en conversación son este diario.

máis dun tercio do territorio estaría nesta situación Cren que “podemos discutilo, a modificación da Lei de Montes de Galicia, pero non na Lei de Acompañamento do Orzamentos, non pola porta de atrás”. Pereira indica que “máis dun tercio da comunidade estaría na situación” pola que a Xunta lle quitaría a titularidade aos veciños, “máis por non haber veciñanza que por un uso abusivo ou estar degradados. Máis dun tercio porque estamos falando do interior de Galicia onde a poboación xa non existe. Por este motivo nós entendemos que isto é un problema pero hai que resolvelo da mellor forma posible”, indica, reiterando que a que defende Medio Rural non é a que os propietarios queren.”.

cesión da titularidade a terceiros por 50 anos Denuncian, ademais, que o monte comunal sería entregado por 50 anos a terceiros no caso de abandono ou uso abusivo e “a veciñanza comuneira non poderá recuperara a xestión do seu monte veciñal ate pasado ese tempo, o que fai inviable unha continuidade ou recuperación da xestión comunal do monte”.

Por estas razóns, a Organización e a plataforma Por un monte galego con futuro fan un chamamento ás entidades e organizacións que viven, traballan ou xestionan o medio rural para que rexeiten as modificacións da lei “que pretende introducir o Partido Popular e que teñen como obxetivo a eliminación dos montes veciñais en man común, que son unha seña de identidade do noso país.

Pereira indica que este sábado, na xunta electoral, vai propoñer unha Iniciativa Lexislativa Popular para cambiar a Lei de Montes Veciñais sen atentar contra os intereses da veciñanza.

24 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.