Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os investigadores galegos no estranxeiro presentan os seus traballos da man do INIBIC

A Coruña acolle hoxe a XII Reunión deste colectivo // Falarán científicos que traballan en Francia, Reino Unido, China, Polonia, Países Baixos ou Suecia

O talento non ten fronteiras e unha proba é o feito de que os investigadores en moitas ocasións deixan o país onde se formaron nun principio para desemvolver os seus traballos no estranxeiro. Máis aló da cuestión da fuga de cerebros ou de talentos, a comunidade conta con innumerables científicos que están a traballar fóra das nosas fronteiras, nalgúns casos de maneira temporal ou porque o seus traballo así o require.

Para que en Galicia se coñezan as súas liñas de investigacións, o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses, organiza a XII Reunión de Nov@s Investigador@ s no Estranxeiro, na que galegos que desenvolven o seu labor en Francia, Reino Unido, China, Polonia, Portugal, Países Baixos, República Checa e Suecia presentarán os seus traballos.

SEMIPRESENCIAL DE 9.30 A 14.30 HORAS A xornada terá un carácter semipresencial, celebrarase na este mércores no Museo Domus coruñés en horario de 9.30 a 14.30 e nela expornase investigacións de moi diversos ámbitos da ciencia, destacando entre eles a química, xenética, inmunoloxía e microbioloxía, física e astrofísica, cirurxía, medio ambiente, neurociencia, metabolómica e biopolímeros.

Abrirán o acto Xulio Abalde, reitor da Universidade da Corun, Jesús J. Celemín, concelleiro de Educación da COruña, e María D. Mayán, coordinadora do Comité́ Organizador e do Comité́ Científico, así como directora do Grupo CellCOM doINIBIC.

CONTAMINACIÓN, ACTIVIDADE NEURONAL, ONDAS GRAVITACIONAIS, ENTRE OUTRAS PRESENTACIÓNS E entre as presentacións orais dos traballos de mozos galegos fóra como exemplos estaría Como identificamos fontes de contaminación ambiental? de Blanca Astray Uceda, no departamento de Geociencias Ambientaiss, en Praga, República Checa.

Lectura transcripcional da actividade neuronal a través dunha proteasa activada por Ca2 + deseñada, a cargo de Mateo I. Sánchez López, investigador do Centro de Bioloxía Sintética e do departamento de Bioenxeñería do Imperial College de Londres, Reino Unido. A investigación Buscando estrelas de materia oscura con ondas gravitacionais, levado a cabo por Juan Calderón Bustillo na Universidade Chinesa de Hong Kong. Ou o titulado Ondas gravitationais, espazo-tempo extremo e unha pota de auga ao lume. Cal é a relación?, da man de Isabel Suárez Fernández, investigadora no Instituto Superior Técnico (IST), en Lisboa, Portugal.

PREMIOS POLA TRAXECTORIA, AO IMPACTO SOCIAL E Á CIENTÍFICA MOZA Ademais da exposición de traballos, na xornada entregaranse os premios que adoitan conceder os organizadores da reunión. Serán o Premio Ángeles Alvariño á mellor traxectoria profesional, concedido polos Museos Científicos-Concello da Coruña e entregado por Jesús J. Celemi, edil de Educación e Memoria Histórica do Concello da Coruña.

Premio ao traballo presentado con maior impacto social, concedido por Hijos de Rivera e entregado , responsable de I+D Hijos de Rivera. E o Premio á mellor traxectoria profesional “Científica moza menor de 35 anos”, concedido pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia, AMIT-Gal con entrrega por parte a súa presidenta, Ana Jesús López.

mencións especiais e formación Como mencións especiais, estarán as de Ciencia e Muller 2021 para o liderado feminino; Promoción da Ciencia, pola redivicación e apoio á I+D+i a nivel nacional; Mulleres en Igualdade, adicado á promoción da igualdade de oportunidades en ciencia; Talento Mozo e Innovador; e o Xornalismo e Divulgación Científica.

Ademais, os Premios de Formación en Biomedicina o o Nature Research En liña Masterclasses para mellorar habilidades de comunicación oral e escrita no ámbito científico, que será entregado por Luciano Vidán Martinez, presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña.

28 dic 2021 / 15:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.