Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Praias, minas ou recheos de ría, nas seis bandeiras negras 2021

Ecoloxistas en Acción concede tres por contaminación e outras tantas, á mala xestión // As minas de San Finx, en Lousame, unha das ‘premiadas’ este ano

Seis bandeiras negras en Galicia chaman a atención neste ano 2021 sobre a contaminación da costa e a mala xestión das administracións. A asociación Ecoloxistas en Acción fixo públicas este martes as súas pouco honrosas condecoracións, nas que destacan dous arenais, unha mina, o rechero da ría de Vigo, o concello de Burela e a factoría de Ence. Dúas bandeiras negras por cada provincia con costa en Galicia, seis en total que son:

Na provincia da Coruña. As minas de San Finx, no concello de Lousame. Bandeira negra por contaminación. O motivo é que o caudal das drenaxes de augas residuais acedas de mina que se verte con altas concentracións de metais –cadmio, cobre e cinc– sen tratar é na actualidade de aproximadamente 50.000 litros por hora. Na ponte de Traba, preto da desembocadura do río, na parte máis interior da Ría de Muros-Noia, o valor de cadmio continúa superando o límite legal para a media anual.

E a Praia Virxe do camiño en Muros, bandeira negra por mala xestión. Praia urbana que exemplifica o problema das verteduras de augas residuais ao medio mariño que obrigan ao peche. Durante 5 anos, obtivo unha cualificación insuficiente por non cumprir os valores para ter calidade apta para o baño, ano tras anos repetíronse as analíticas dando como resultado que a praia presenta contaminación fecal, e constátase que non se realizou ningunha mellora na zona por parte das autoridades competentes para solucionalo e que acabaron coa decisión de pechar a praia para o baño ao finalizar a tempada de verán do 2019.

Provincia de Pontevedra. A primeira bandeira negra é para a factoría de fabricación de pasta de papel da empresa Ence, na Ría de Pontevedra, bandeira negra por contaminación. Verte ás augas da ría ao redor de 35.000 m3 de augas que, segundo as analíticas das inspeccións que realiza a Xunta de Galicia, conteñen elevados niveis de materia orgánica e, frecuentemente, unha elevada carga de microorganismos fecais.

Así como os recheos na Ría de Vigo polo Porto de Vigo, bandeira negra por mala xestión. Neste caso Ecoloxista en Acción explican que a Autoridade Portuaria de Vigo pretende ampliar considerablemente a superficie portuaria mediante a execución de recheos de máis de 200.000 m2 sobre a Ría. Estas obras que conlevan un alto risco de contaminación, por terras, así como modificacións da hidrodinámica da Ría que afecta os bancos marisqueiros, pesqueiros, parques de bateas, praias e a zonas protexidas, enseada de San Simón, Costa da Vela ou Parque Nacional Illas Atlánticas, cun dano irreversible á natureza.

Provincia de Lugo. Os seus ‘premios’ meste caso con para o Concello de Burela, bandeira negra por contaminación. Hai anos que o sistema de tratamento de augas residuais é deficiente no concello, o que carrexa continuas verteduras de augas fecais sen tratamento adecuado, coa grave degradación ambiental que isto carrexa. Tanto “o goberno local como a Xunta de Galicia levan tempo anunciando a ampliación e mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais (Edar), sen que se chegue a concretar esta actuación”, explican os ecoloxistas no seu informe anual, e engaden que a Edar non cobre as necesidades da poboación actual, provocando vertidos por desborde cada vez que chove forte e entran en funcionamento os aliviadoiros.

E, finalmente, a Praia de Altares, Foz, bandeira negra por mala xestiónm polo proxecto de construción dun espigón e dragaxe con grave impacto nunha Zona de Especial Conservación ( ZEC) e Zona de Especial Protección para as Aves ( ZEPA) da Rede Natura 2000. Afectaría a zonas de praderías mariñas de Zostera noltii (unha planta subacuática), e ao Plan de Conservación do Chorlitejo patinegro de Galicia.

lista nacional
Problemas coas augas residuais

··· Cada ano Ecoloxistas en Acción fai un informe anual no que analiza os case 8.000 quilómetros do litoral español. Otorga dúas bandeiras negras por cada provincia con costa, máis Ceuta e Melilla, sumando 48 ‘premios’. Neste 2021, os maiores problemas detectados foron os verquidos de augas residuais e a mala depuración. Este caso é significativamente destacable pois pon de manifesto que o Estado español ten unha gran tarefa por resolver en materia de saneamento e depuración. Algo que é ben coñecido polas autoridades é que o Estado está a pagar unha multa millonaria a Europa. Desde 2019 España máis de 30 millóns en sancións.

Ence defiende su labor e indica que “cumplen todos los parámetros”

Pontevedra. Tras la publicación del Informe de Banderas Negras de la ONG Ecologistas en Acción, en el que se menciona a la biofábrica de Ence en Pontevedra, la compañía remitió un comunicado en el cual manifestó que “cumple con todos los parámetros ambientales establecidos en su Autorización Ambiental Integrada –concedida por primera vez en el año 2008- y aplica las mejores técnicas disponibles en su proceso productivo”. En esta línea, apuntaron que, la biofábrica pontevedresa, “es un referente en Europa a nivel ambiental al ser un centro productivo con uno de los mejores parámetros”.

Conforme añadieron fuentes de dicha empresa, su desempeño en los indicadores BREF, que definen las mejores prácticas en la Unión Europea para la producción de pasta, se sitúa por delante de la media del sector.

Igualmente, señalaron que las aguas de la ría se ven afectadas, en mayor o menor medida, por la presencia de coliformes, especies de bacterias entéricas contaminantes. Dijeron además que los estudios revelan que este problema está vinculado solo a la incapacidad de las depuradoras municipales para tratar el volumen enorme de agua que llega para ser depurado. ecg

29 jun 2021 / 21:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.