Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
INDUSTRIA

Protesta en Gamesa: só teñen carga de traballo ata o 20 de decembro

Nova protesta dos 300 operarios desta planta de palas para eólicos, ubicada nas Somozas

As Somozas. Nunha protesta celebrada este venres entre as 13.00 e as 17.00 horas, os trescentos traballadores da planta de palas para eólicos de Siemens Gamesa en As Somozas denunciaron que só teñen ocupación ata o 20 de decembro. Como lles confirmou a dirección, tanto as principais inversións como os novos modelos de palas están destinados á fábrica de Vaos en Portugal. E segundo recoñecen desde o comité de empresa, “unha das opcións baralladas para nós é o peche”.

Ademáis das mobilizacións xa iniciadas o pasado sábado, os operarios teñen por diante unha reunión no Parlamento galego o 4 de novembro. E traballan cos 17 alcaldes da comarca de Ferrolterra para emitir un comunicado de apoio ás súas reclamacións. Segundo Sergio López, presidente do comité de empresa, “temos unha incertidume moi grande e temos medo ao peche da planta”.

Recordan os representantes do persoal que “os nosos operarios axudaron a implantar fábricas polo resto do mundo como Brasil, México, China ou India”. Ademáis “nos din que non somos competitivos para exportar, cando Vestas en Ciudad Real e LM en Ponferrada exportan con portos a moitos quilómetros de distancia”. P. Hermida

Apoio por unanimidade tamén a Alu Ibérica
A Deputación da Coruña, cos traballadores

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres dúas declaracións institucionais nas que demanda á Xunta e ao Goberno central que garanticen a viabilidade da planta de Siemens-Gamesa nas Somozas e que apoien as reivindicacións dos traballadores de Alu Ibérica na capital herculina.

Todos os grupos representados na institución provincial respaldaron a necesidade de adoptar as medidas necesarias que permitan a continuidade da actividad na factoría da comarca de Ferrolterra, Eume y Ortegal, onde traballan 300 persoas, e instan a aproveitar as oportunidades que ofrecen os plans de Transición Enerxética da Unión Europea.

Tamén respaldaron as reivindicacións dos empregados de Alu Ibérica, a antiga Alcoa A Coruña, e solicitan ao Ministerio de Industria que cumpla o seu compromiso de auditar a situación económica e fiscal da fábrica.

Tamén piden a Xunta e Moncloa que auditen o proceso de traspaso de Alcoa ao fondo suizo Parter e, posteriormente, ao Grupo Industrial Riesgo, “de forma que se determine si as operacións de traspaso vulneraron os acordos acadados”.

30 oct 2020 / 18:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.