Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

PSdeG afea a decisión do Bloque sobre os orzamentos

FerroL. Os socialistas aseguran que a decisión do BNG de non apoiar os Orzamentos Xerais do Estado polo seu gasto en Defensa “é ir en contra de 9.000 postos de traballo na comarca de Ferrol durante unha década”. A deputada no Congreso Montserrat García lamenta “unha postura que vai en contra do futuro de Ferrol e da provincia, os orzamentos recollen 339,9 millóns de euros para as fragatas F110 e dos 2.000 millóns de euros para o plan de modernización das F100, xa hai consignados tamén nos orzamentos 104,6 millóns de euros; estes investimentos garanten carga de traballo para Ferrol e a comarca durante moitos anos”. Ademais, “son unhas contas que despregan o paraugas social máis importante das últimas décadas, por exemplo na provincia da Coruña 6 de cada 10 euros serán destinados a gasto social”, engade García. Os orzamentos destinan 436,45 millóns de euros á provincia da Coruña, dos case 1.100 millóns de euros consignados para Galicia, que é a 5ª autonomía con maior financiamento. “Máis de 300.000 pensionistas da provincia beneficiaranse dun aumento das pensións e os 66.361 empregados públicos da provincia aumentarán o seu poder adquisitivo”, lembra a deputada socialista. A isto súmanse o Bono Social Térmico e máis o Bono Alquiler. ECG

02 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.