Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reclaman medidas que eviten a degradación dos espacios queimados

MONTE. Distintos colectivos ecolóxicos e organizacións sindicais e sociais, entre eles Adega, AGA, Fruga, SLG e CIG, presentaron onte un escrito dirixido ás consellerías do Medio Rural e Medio Ambiente, Territorio e Vivenda demandando a aplicación de medidas inmediatas para evitar a degradación dos espazos afectados polos lumes forestais, tal e como recolle a propia lexislación. Tamén reclaman a dotación do orzamento necesaria para levar a cabo as accións que eviten a erosión, a contaminación dos ecosistemas fluviais e a restauración hidrolóxico-forestal. Segundo denuncian dende estas entidades, as nefastas políticas forestais e para o medio rural das últimas décadas asolan o país cuns lumes que, reiteradamente, se ceban tamén cos espazos protexidos. “Mais isto non é casualidade, senón froito da falta de planificación e coidado dos mesmos”, sinalan os firmantes do escrito. Inciden en que o impacto dos incendios é insoportábel e as perdas son incalculábeis, pero a destrución non queda só no material, xa que o desastre ambiental é de gran magnitude e de moi difícil recuperación. A perda de biodiversidade, os danos a fauna e flora e, especialmente, a afectación do solo, precisan plans de recuperación específicos a longo prazo. P. l.

09 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito