Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
15:46
h

Regresa a macroenquisa de convivencia nas aulas

educación. A Xunta de Galicia lanzará mañá o III

macrocuestionario sobre convivencia nas aulas, dirixido a o conxunto da comunidade escolar galega, un colectivo de 500.000 persoas entre familias, docentes e persoal non docente vinculado aos centros educativos de todas as etapas educativas (infantil, primaria, secundaria, Bacharelato, FP, escolas de idiomas e conservatorios de música) e alumnado a partir de 5º curso de primaria. Con esta ferramenta, que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade puxo en marcha por primeira vez en 2015 e que se repetiu en 2019, búscase actualizar a radiografía da situación dos centros escolares en canto á convivencia, así como testar a evolución no tempo co fin de implementar as medidas específicas e máis axeitadas á realidade das aulas.

A comunidade escolar dispón de prazo para cubrilo desde este luns ata o 29 de abril. A enquisa cóbrese a través dunha aplicación informática específica en liña e son os directores dos centros os encargados de xerar as claves de acceso, de xeito totalmente aleatorio, garantindo así o anonimato dos participantes. Consta de menos de 20 preguntas directas, polo que o tempo estimado para cubrilo é duns dez minutos. Os centros recibirán os seus resultados e a maiores Educación fará unha análise global da convivencia. ecg

12 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.