Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reivindican a diversidade lingüística como unha riqueza a preservar e non un problema a suprimir

defensa. A Real Academia Galega, o Institut d’Estudis Cataláns e a Euskaltzaindia - Real Academia Vasca, organismos recoñecidos oficialmente como asesores dos poderes públicos en asuntos referentes ás súas respectivas linguas, fixeron pública este mércores unha declaración conxunta coa intención de chamar a atención da sociedade española sobre un patrimonio común, a diversidade lingüística do Estado, “que nos atinxe a todos”, aseguran.

Manifestan que queren contribuír a aclarar o debate público acerca da presenza das linguas na educación e no conxunto da realidad social. “O Estado español debe considerar a diversidade lingüística como unha riqueza que cómpre preservar e non como un problema que hai que suprimir”, conclúe o texto conxunto.

As tres academias expoñen a súa necesidade de contribuír a unha deliberación informada e racional “en beneficio do respecto mutuo” no contexto actual de debate acerca da presenza das linguas no sistema educativo e no conxunto da realidade social.

Recordan, ademais, que para asegurar o seu futuro, o galego, o éuscaro e o catalán precisan dunha presenza reforzada na escola, “que de ningunha maneira redundou nin vai redundar en menoscabo da competencia en castelán”, continúa o escrito. As tres institucións entenden que, en coherencia co principio de autonomía, o réxime lingüístico do sistema educativo nas comunidades autónomas con lingua propia recoñecida oficialmente debe ser competencia exclusiva de cada unha delas, e que este “debe estar orientado a garantir unha competencia plena e igual en cada unha das nosas linguas e do castelán”.

A declaración está asinada polos tres presidentes das academias: Víctor Fernández Freixanes (Real Academia Galega), Joandomènec Ros i Aragonès (Institut d´Estudis Catalans) e Andrés Urrutia (Euskaltzaindia). ECG

11 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.