Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Renfe aumenta en dúas horas o tempo de viaxe entre Vigo e Valdeorras

A compañía ferroviaria continúa deste xeito a abandonar os enlaces das zonas do rural

Valdeorras. O Partido Popular rexistrou no Congreso a solicitude de comparecencia do presidente de Renfe para que, según dixo Celso Delgado, “rectifique con urxencia esta inxusta decisión que maltrata ás comarcas de Valdeorras, Lemos e Bierzo”. Deste xeito os populares acusan ao goberno socialista de prexudicar gravemente aos usuarios do ferrocarril.

A principal queixa ben producida polo aumento en 2.08 horas no traxecto entre a vila de Valdeorras e Vigo, polo que un percorrido que con anterioridade levaba 5.12h agora tarda 7.20h. Así pois, os deputados esixen a comparecencia inmediata de Isaías Tobías Suárez para “informar sobre as medidas que tomará de xeito urxente para solventar a arbitraria decisión de incrementar, en máis de dúas horas, o tempo de viaxe.

Por outra banda, o Partido Popular tamén quixo facer fincapé nos constantes agravios que están a sufrir os servizos ferroviarios convencionais, afectando diretamente ás zonas de Monforte, A Rúa, Porriño e Ribadavia entre moitas outras que están a sufrir constantes denuncias. Según o deputado popular esto é debido a que “existe un problema de falta de trens e de obsolescencia do material rodante, o que provoca avarías constantes. Así pois e en definitiva denuncian o abandono das liñas do rural. P. brea

17 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito