Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Situación de alerta nos sistemas que abastecen a Nigrán, Baiona e Vigo

A Oficina Técnica da Seca tamén amplía a prealerta ao do río Verdugo, o da ría de Vigo e Baiona e o da costa de Pontevedra

A alerta pola seca continua empeorando na provincia de Pontevedra. Por unha banda, os sistemas de Zamáns e Baíña, que abastecen aos concellos de Nigrán, Baiona e parte do concello de Vigo, están dende onte en situación de alerta de por escaseza de auga. Asemade, amplíase a prealerta ao sistema do río Verdugo, ría de Vigo e Baiona e ao da Costa de Pontevedra.

Así o vén de decidir a Oficina Técnica da Seca o día de onte, presidida por Teresa Gutiérrez, directora de Augas de Galicia, e recomendan adoptar as medidas “que implican a aplicación automática dun réxime de caudais ecolóxicos de seca nos ríos Zamáns e Baíña que permitirá aos explotadores destes encoros reducir o caudal que se deixan pasaraugas abaixo destes rios.

Asemade, tamén se ampliou a prealerta aos sistemas 1 e 2, que abranguen os ríos Verdugo e Oitavén e ría de Vigo e Baiona poru nha banda, e a costa de Pontevedra pola outra. A escaseza do sistema 1, segundo informan dende a Xunta, ven dada pola capacidade do encoro de Eiras, que se ben é o máis grande de Galicia e está no 73% da súa capacidade, cando este valor baixa do 37% resulta imposible aproveitar toda a súa auga, como aconteceu na seca do ano 2017.

Estas novas prealertas súmanse ás xa vixentes: o sistema do no sistema do río Lérez e ría de Pontevedra; no sistema do río Tambre e ría de Muros e Noia; na bacía do río Grande e dos ríos que acadan a ría de Camariñas e a costa de Cabana, Laxe e Muxía; no sistema do río Mero, Arteixo e ría da Coruña; e na conca do río Anllóns, que presenta o valor máis baixo da demarcación.

Finalmente, a Oficina Técnica da Seca constatou que as recentes choivas, un 30% por debaixo do valor medio en setembro, “serviron para evitar a baixada dos indicadores nalgunhas zonas ou para manterse estables”, sendo sendo a “zona norte da demarcación Galicia-Costa a que presenta unha mellor situación”.

23 sep 2022 / 19:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.