Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sogama, exemplo de boas prácticas empresariais de carácter público nun congreso en Navarra

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, participará, convidado polo Goberno de Navarra, no I Encontro Estatal de Corporacións Públicas Empresariais, organizado por CPEN (Corporación Pública Empresarial de Navarra), e que terá lugar en Baluarte o próximo 22 de xuño. Nesta xornada daranse cita representantes institucionais e empresariais do ámbito público de sete comunidades autónomas, así como do sector público estatal, que compartirán e analizarán as súas experiencias desde distintas perspectivas.

“Móvenos o obxectivo de poñer en valor o labor que as sociedades públicas realizamos en favor do desenvolvemento territorial e social dos distintos territorios e, específicamente, o papel que as corporacións exercemos como garantes do bo facer e a sostibilidade do conxunto do sector público empresarial; máis se cabe neste escenario de reactivación económica e social que estamos a vivir”, manifestou o director xeral de CPEN, Francisco Fernández Nistal

O encontro, que inaugurará a presidenta de Navarra, María Chivite, á súa vez presidenta do Consello de Administración de CPEN, contempla relatorios e mesas de debate nos ámbitos político, de xestión e empresarial. Tras o primeiro relatorio, a cargo de Antonio Miguel Cervera, presidente do Grupo Sociedade Estatal de Participacións Industriais, terá lugar un coloquio no que se contará coa intervención de tres conselleiras e un viceconselleiro de Economía de distintos gobernos autonómicos, os cales disertarán sobre a política económica e instrumentos de financiamento empresarial a disposición das comunidades autónomas.

Acto seguido, o director xeral de CPEN exporá unha análise comparativa da realidade das corporacións públicas empresariais existentes en España, cuxos máximos responsables debullarán o labor das mesmas e o seu papel no desenvolvemento rexional.

A intervención de Javier Domínguez terá lugar na sesión dedicada a exemplos de boas prácticas empresariais de carácter público, compartindo mesa co director de operacións de Correos, Eduardo Herrera; o director xerente de Nasuvinsa (sociedade pública de vivenda e urbanismo do Gobierno de Navarra), Alberto Bayona; e a directora xerente de Tracasa Instrumental (empresa pública de Navarra especializada na prestación de servizos no uso de información territorial e das tecnoloxías da información), Mar González.

16 jun 2021 / 14:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.