Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
ENTREVISTA

“Temos un espello en Touriño e cen concellos, son o exemplo a seguir”

“Galicia está esperando que lle ofrezamos un proxecto que conecte coas aspiracións das galegas e galegos”

Que balance fai da súa campaña? Danlle os números para activar o relevo de Gonzalo Caballero?

A campaña foi positiva porque me permitiu contactar con centos de militantes do PSedG ós que lle puiden facer chegar o meu proxecto de reconectar o partido coa sociedade galega. Fago un chamento ós militantes para que vaian votar para poñer en pé un proxecto como o de Emilio Pérez Touriño, que fou capaz de ilusionar aos galegos e galegas para chegar á Xunta.

Caballero colgoulle o sambenito de barón e non candidato da militancia. Doulle a volta a ese argumentario?

Eu son fillo das primarias. A min elixironme nas primarais, ao igual que a Caballero. A min para a provincia de A Coruña e a Caballero para Galicia. A linguaxe de baronías é unha linguaxe trasnoitada. Non son ningún barón. Son alcalde de As Pontes porque me elexiron catro veces os cidadáns por maioría absoluta. Neste partido son importantes todos os militantes. Fan falta todos, non sobra ninguén.

Aposta por un partido socialdemócrata. Onde está a liña que o separa da esquerda da que fala Caballero?

O meu proxecto é claramente de esquerdas, como demostro alí onde teño responsabilidades de goberno, tanto no concello como na deputación. Galicia non é do PP. Eu non me resigno. Os galegos teñen dereito a ter alternativa ao goberno do PP na Xunta. Galicia e de quen a traballe, de que a atenda e de quen a entenda. Aspiro a que o PSdeG lle presente aos galegos un proxecto serio, riguroso, críble, como xa estamos facendo en moitos concellos de Galicia. Gobernamos dende os concellos a máis do 70 por cento da poboación de Galicia, o cal demostra que o PSdeG é unha forza confiable. Aspiramos a facerlo tamén en Galica.

É derrotable o PP na Xunta sen unha catástropfe como a do Prestige ou as vacas tolas?

Temos un bo exemplo no goberno progresista que encabezou Touriño e tamén en máis de cen concellos galegos. Ese é o exemplo que temos que seguir. Galicia está esperando a que saibamos ofrecerlle un proxecto que conecte coas aspiracións dos galegos e galegas.

Vese como secretario xeral é candidato á Xunta?

O candidato á Xunta elíxeno os militantes. Comprométome a convocar con tempo ese proceso para que os militantes poidan participar e decidir.

Vostede está dispoñible?

A miña implicación e dispoñibilidade é total. Creo na confrontación de equipos como xa teño demostrado.

30 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito