Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

Todo a punto para que o CISPAC interuniversitario bote a andar

O Centro de Investigación das Paisaxes Atlánticas é o primeiro de ciencias sociais e humanas desde fai 50 anos // Ten aberto o prazo para investigadores ata o día 31

O Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais ten todo listo para botar a andar definitivamente, aínda que máis de vinte grupos de investigación levan arredor de seis anos traballando nel.

E é que este centro singular das tres universidades galegas que conforman o SUG marca un hito importante ao nacer, xa que será “o primeiro de alto nivel e nova xeración en ciencias sociais e humanidades en Galicia desde fai 50 anos, desde o Inega e o ILGA”, tal e como explica Lourenzo Fernández Prieto, catedrático da área de Historia Contemporánea da USC e director comisario do CISPAC e, tamén, que é “un dos primeiros interuniversitarios de investigación” que se crean na comunidade galega.

O seu obxectivo é investigar sobre a paisaxe, pero cunha perspectiva interdisciplinar, para tentar respostar aos retos actuais e cambiando a forma de vela e de traballar nela. A paisaxe, o patrimonio e a produción, dende a identidade, a participación e a sustentabilidade.

firma do convenio de creación O pasado 7 de decembro, os reitores das tres universidades galegas asinaron o convenio de colaboración para a creación do CISPAC. Nese momento explicouse que este novo centro é o resultado dun achegamento entre grupos de investigación de distintas disciplinas das ciencias sociais e as humanidades á procura de entender e dar resposta a retos sociais que abarcan a posta en valor do patrimonio, a recuperación da memoria histórica e social, as políticas de inclusión, o entendemento dos cambios no territorio nas súas dimensións económicas e sociais, as súas formas de goberno ou a elaboración de solucións en codesenvolvemento coa comunidade.

Lourenzo Fernández Prieto explica que neste proxecto traballaron “grupos de investigación de Económicas, Arqueoloxía, Historia Rural, Xeografía, Historia da Arte..., en total uns 20 grupos de investigación” que, finalmente, materializouse no novo centro interuniversitario.

traballo en cinco áreas Ademais, indica que vai a traballar “nunha pregunta de investigación que é común a todos os grupos, moi sinxela aparentemente que é que facer coa terra que temos?”.

Unha pregunta moi complexa que desenvolvemos en cinco áreas de traballo”, subliña. Estas son Paisaxes que teñen xente (sociedades, demografía e territorio), Paisaxes que producen (mundo rural, alimentación e transición verde), Paisaxes que se gobernan (comunidades, participación social e gobernanza), Paisaxes que teñen patrimonio (patrimonio, identidade e cultura) e Paisaxes visitadas (modelos turísticos e Camiño de Santiago).

Neste momento, está aberto o prazo de adscrición para que os interesados en investigar con eles nalgún destes aspectos presenten a súa solicitude (ata o día 31).

dez investigadores garantes destacados Para elo, poden consultar os dez investigadores garantes na súa páxina web cispac.gal, con estándares altos e liñas de estudo definidas. Entre eles, o citado Lourenzo Fernández Prieto, ou Laura Oso, catedrática de Socioloxía na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña; Xavier Simón, profesor titular de Economía Aplicada na Universidade de Vigo; ou Edelmiro López Iglesias, doutor de Economía Aplicada da USC.

E entre eles poderíase destacar á italiana Estefania Barca, do departamento de Historia da USC; e ao británico Jacob Copeman, antropólogo social. Ambos están na USC e foron captados específicamente para o CISPAC. Ela é a primeira investigadora distinguida ‘Beatriz Galindo’ sénior que logra a USC, e el chegou co programa Oportunius e ten unha ERC Consolidator Grant europea.

Todos os investigadores presentados para estar vinculados ao CISPAC serán avaliados por un Comité Externo de expertos de universidades como a de Berkeley (California), da Pablo de Olavide (Sevilla), da de Alcalá, da do País Vasco, ou da Central de Barcelona, entre outras institucións académicas destacadas.

esperan máis de 40 investigadores vinculados e arredor de 120 persoas traballando En canto aos candidatos presentados que finalmente formen parte deste novo centro singular, o seu director comisario calcula que serían en torno a “120/130 persoas, e como IP investigadores vinculados de forma permanente, arredor de 40/45”, calcula Fernández Prieto, porque este é un centro de ciencias sociais e humanas, o primeiro que vai haber xunto con Ecobas –o centro interuniversitario Economics and Business Administration for Society–, e en Galicia hai bastante xente e investigación, e moi boa, xente nesta campo”, remata.

30 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito