Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
AS PONTES

Traballadores das contratas de Endesa piden axuda á Xunta

Mobilízanse ante o Parlamento gallego, ao mesmo tempo que a sesión de investidura

Ao mesmo tempo que se celebraba a sesión de investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia, os traballadores das auxiliares de Endesa se concentraban este xoves ante o Parlamento galego. Os operarios que dependen da central térmica de As Pontes reclamaban así a axuda da administración autonómica, nunha protesta de dúas horas de duración. En concreto, piden que se concrete o número de afectados nas subcontratas en caso de que se aplique un peche parcial ou total da térmica pontesa.

Segundo afirman, Endesa facilitou cifras moi diferentes sobre eses empregados. A última sería de 107, que os involucrados consideran moi inferior á real. A protesta deste xoves serviu para “visualizar o conflito da central térmica sobre todo no que ten que ver coa industria auxiliar”. Segundo Alberte Amado, voceiro dos operarios pola CIG, “esiximos da Xunta de Galicia a súa implicación para acordar o número do persoal afectado desas empresas, ante un posible peche”. Nun principio, Endesa tiña programada a clausura para o ano 2021. Pero podería dar marcha atrás no caso de que as probas con biocombustibles sexan favorables para a súa continuidade.

Insiste Alberte Amado en que “non logramos que eses números dos traballadores perxudicados por un posible peche coincidan cos que presenta Endesa, non estamos conformes e son moitos máis dos indicados”. E considera que “a Xunta de Galicia debe ser parte activa dentro das súas funcións e competencias nas áreas de Industria e Emprego, para esixir ao Ministerio para a Transición Ecolóxica unha xuntanza na que se definan os números”. Só deste modo, considera que “poderemos ter polo menos unha previsión dos traballadores afectados, para darlles unha alternativas de emprego e de futuro”.

Xa durante o mes de agosto, os sindicatos CCOO, CIG e UGT convococaron protestas en As Pontes. Os despidos avanzan nos últimos meses, tanto no entorno da planta térmica como no porto exterior de Ferrol (desde onde se movía o carbón ata As Pontes). En decembro de 2019, Endesa comprometeuse a manter o emprego tanto para o cadro de persoal principal como para as auxiliares no 2020.

03 sep 2020 / 19:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.