Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un camión envorcado corta o tráfico durante dúas horas na A-52

O conductor, de 43 anos, tivo que ser trasladado en ambulancia ao Hospital de Verín

    Zamora/Verín. Un camión envorcado nun sinistro acontencido onte pola mañá na Autovía das Rías Baixas (A-52), á altura de Zamora, afectou á circulación de vehículos en dirección Galicia durante dúas horas, nas que foi necesario manter pechados ambos carrís.

    O sinistro tivo lugar sobre as 11:20 horas nas inmediacións do túnel da Canda, á altura de Lubián (Zamora, quilómetro 112) e tal e como informa o Servizo de Emerxencias de Castela e León 112, foron varios os conductores os que deron o aviso.

    A sala de operacións do 112 notificou do accidente a axentes da Garda Civil de Tráfico, do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento da Deputación de Zamora, e ás Emerxencias Sanitarias do Sacyl, dende onde se movilizou unha ambulancia con soporte vital básico e un equipo de Atención Primaria.

    Como consecuencia do accidente, o camión quedou envorcado na estrada obstucalizando o tráfico, polo que á súa chegada, os axentes de Tráfico da Garda Civil cortaron a circulación de vehículos na Autovía das Rías Baixas con sentido Galicia habilitando un desvío na N-525, en Chanos. O corte de tráfico durou unhas dúas horas.

    Pola súa banda, os Servizos de Emerxencias socorreron ao conductor de vehículo, que nun primeiro momento quedou atrapado no seu intenrior. Finalmente, o home, de 43 anos, foi trasladado en ambulancia ao hospital de Verín, na comunidade galega, situado a uns 50 quilómetros do lugar do sinistro. EP/EFE

    03 ene 2023 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito