Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un concurso de méritos elevará a máis de 3.000 as prazas docentes en Galicia

Un total de 2.628 rexeranse polo procedemento vixente ata o momento // A comunidade é a primeira en pechar o proceso para este ano ante os cambios previstos na normativa estatal

Os miles de opositores galegos a prazas de educación saíron xa de dúbidas con respecto a como ía ser o proceso de oposicións para este ano 2022.

Este martes, ante o borrador do real decreto do Ministerio de Educación presentado días antes de Nadal que pretende facer cambios no sistema para favorecer que os interinos acaden praza e que se reduza ao 8 % a temporalide e co obxectivo de dar certeza aos opositores, o conselleiro de Educación Román Rodrigúez, acompañado do director Xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo, presentou en rolda de prensa a oferta de emprego público docente que a Xunta de Galicia vai executar neste ano 2022 con algunha novidade aínda que se mantén a folla de ruta prevista.

“ En Galicia, ese obxectivo do 8 % xa está conquerido, sendo unha das comunidades con menor temporalidade docente de todo Estado, situándose arredor dese 8 % estipulado”. Tampouco é igual en toda España. A media no conxunto é do 25 % e nalgunhas comunidades sitúase en torno ao 40 %”, indicou Rodríguez.

O conselleiro destacou que esa porcentaxe baixa é resultado de moitos anos de convocatorias consecutivas que foron permitindo estabilizar aos profesionais e crear prazas de funcionarios. De feito, nos últimos cinco anos, informou, ofertáronse máis de 9.000 prazas.

O real decreto segundo considera a Xunta fai que os novos aspirantes, os máis mozos e mozas, vexan mermadas as súas posibilidades e xérase unha desigualdade entre persoas en base ás posibilidades de acceder a unha praza. Organizacións sindicais, academias, opositores non consideran aceptable esta proposta. Ante este panorama e con motivo de que a normativa estatal no se publicará ata mediados ou finais de febreiro, a Xunta adiántase presentando a ofertas de prazas que van convocar para 2022.

serán entre 500 e 600 prazas por este método Agrégase a oferta do ano 2021 coa do 2022 e ofertánse un total de 2.628 prazas que se levarán a cabo polo sistema habitual e coa celebración dos exames nos meses de xuño e xullo.

Esta cifra incrementarase e superará as 3.000 con motivo dunha segunda convocatoria que consistirá nun concurso de méritos e que, aínda que se descoñece de forma oficial o número de prazas, o conselleiro adiantou onte que poderían situarse entre as 500 e 600.

“Co isto queremos lanzar unha mensaxe de tranquilidade para os que están estudando”, incidiu, sendo consciente de que os opositores preparan este duro proceso con moitas horas de traballo, esforzo e cartos.

este venres informarase da distribución na Mesa Sectorial A Xunta axiliza os trámites por se chegado o momento existira un recurso ante o Real decreto e así ter xa brindado o proceso. Así, o número de prazas e distribució por especialidades para as vindeiras oposicións presentaranse este venres en Mesa Sectorial. Posteriormente a vindeira semana será aprobado na celebración do Consello da Xunta coa premisa de que estean publicadas no DOGA antes de que remate o mes de xaneiro, xa que o goberno galego ten sospeitas de que o real decreto poida incumplir algúns mandatos xurídicos básicos.

piar fundamental do sistema “O noso compromiso cos docentes como piar fundamental do sistema educativo é claro e, como consecuencia, cremos que non é de recibo cambiar as normas de xogo das oposicións cos procedementos en marcha, xerando preocupación e incertezas”, incidiu Román.

“Por iso desde Galicia decidimos adiantarnos, sendo a primeira comunidade autónoma en poñer as cartas sobre a mesa e pechar o funcionamento do proceso para 2022, con todos os datos claros”, concluíu.

a cifra
8 %

na temporalidade do ensino é a proposta que o Ministerio de Educación y Formación Profesional anunciou no medio do Nadal para favorecer que os interinos acaden praza. Galicia é a comunidade autónoma con menor temporalidade do Estado,con ese 8 por cento acadado, moi lonxe do 25 % de media nacional.

11 ene 2022 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito