Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
educación. A volta ao cole xa está aquí e, aínda que a evolución do covid-19 marcará as pautas a seguir pola comunidade educativa, de acordo coas instrucións das autoridades sanitarias en cada momento, convén ter en conta unha serie de recomendacións básicas para que a incorporación ao ámbito escolar sexa o máis sostible posible. TEXTO J. B.

Unha volta á sostibilidade coa volta ao cole

• Revisar o material do pasado curso académico a fin de aproveitar o que aínda teña utilidade. Seguro que hai moitas cousas que se conservan en bo estado e ás que se pode sacar rendemento sen necesidade de comprar outras novas.

• Aproveitar libros de texto de segunda man a través de familiares, coñecidos, plataformas online e o clásico trueque.

• Reemprazar os tradicionais forros plásticos para libros e buscar alternativas sostibles con tea, papel de xornal, papel de agasallo usado ou papel de embalar.

• Dar unha segunda vida aos uniformes de anos anteriores, de irmáns maiores ou coñecidos. Tamén aquí o mercado de segunda man pode ofrecer interesantes oportunidades.

• Restaurar a carteira ou mochila e o estuche do ano anterior. Só fai falta un pouco de enxeño e creatividade. O toque persoal e exclusivo está garantido. De non ser posible, adquirir accesorios ecolóxicos e sostibles.

• De precisar novos artigos de estudo, optar polos reutilizables e, na medida do posible, fabricados con materiais naturais, evitando o consumo de plástico.

• Priorizar unha alimentación sa e saudable, rica en verduras, froitas, legumes, lácteos e hortalizas, e deixar de lado a bollería industrial.

• Para levar a merenda e o tentempié de media mañá, apostar por alternativas intelixentes de envasado: bolsas de tea, fiambreIras ou prácticos envoltorios reutilizables, impermeables, fáciles de lavar e axustables.

• Levar á vida cotiá a práctica efectiva dos tres erres (reducir, reutilizar e reciclar).

• Separar os refugallos en orixe e depositar cada tipoloxía no contedor correspondente.

• Os novos residuos hixiénico-sanitarios tales como máscaras e luvas desbotables, deben introducirse no contedor verde convencional, xunto coa fracción resto. Pola súa banda, os envases de xel hidroalcohólico, no amarelo.

• Dar preferencia aos medios de transporte alternativos ao vehículo privado: camiñar, transporte público ou intentar compartir coche con outras familias do colexio.

20 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito