Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xenera e ADEN lanzan ‘Xuntos apoiamos o noso!’

A eléctrica galega e asociación de electrodomésticos poñen en marcha a iniciativa para fomentar o comercio local e o aforro

A situación sanitaria actual provocada pola pandemia da COVID-19, está implicando que sexan tempos moi difíciles tanto para o comercio local de todo o territorio como para a economía dos fogares galegos. Por este motivo, agora, se cabe máis que nunca, fanse máis importantes todas aquelas iniciativas solidarias que teñan como obxectivo principal apoiar o tecido empresarial galego e a tódalas persoas traballadoras que forman parte del. Do mesmo xeito, é tamén un periodo idóneo para promover o aforro das familias, axudando así ao benestar e ao futuro das mesmas.

Por este motivo, Xenera, a principal comercializadora de luz e gas 100 % galega, e a asociación sen ánimo de lucro ADEN (Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos) chegaron a un acordo de colaboración, froito do cal se pon en marcha a iniciativa Xuntos Apoiamos o Noso!.

O obxectivo deste proxecto é o de fomentar as compras no comercio local de electrodomésticos da comunidade, así como o de favorecer o aforro de luz e gas nos fogares galegos.

A compañía eléctrica, con preto de 125 anos de historia, conta na actualidade con máis de 40.000 clientes e está conformada por un equipo de profesionais e capital totalmente galegos. A nivel xeral, é popularmente coñecida polo aforro doméstico que consegue grazas ao seu produto estrela, A Vaquiña polo que vale. Con el, foi quen de trasladar as vantaxes das tarifas para empresas a pequenos consumidores, ofrecendo aos fogares galegos a enerxía a prezo de custo dos mercados maioristas, por tan só tres euros ao mes.

Pola súa banda, o ente nacional ADEN agrupa a empresas de electrodomésticos coas marcas comerciais Cenor, Star Center – Milar Radio – Tiendas activa, DECORactiva, Connecta – Master Cadena, Master kitchen – Tien 21, Confort, Euronics – expert-Milar, Ivarte e Uniserco. Entre todas estas firmas, supéranse os seiscentos establecementos en toda Galicia, os cales dan emprego no momento actual a preto de 2.500 traballadores e traballadoras, o que supón unha enorme potencia dentro deste sector.

Como se poden beneficiar os galegos desta iniciativa? Os establecementos adheridos á asociación ADEN que decidiron acollerse á iniciativa Xuntos Apoiamos o Noso! van a ofrecer aos seus clientes un desconto en produtos do establecemento, así como unha oferta exclusiva ao cambiar a Xenera.

Deste xeito, ambas entidades poñen o seu gran de area para tentar que os galegos aposten pola atención e os produtos de proximidade.

“É o momento de mercar nas tendas locais e de promover o aforro nas facturas de enerxía. Agora, máis que nunca, Xuntos apoiamos o noso”, destacan.

26 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.