Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Actos polo Día do Dano Cerebral, primeira causa de discapacidade

A Asociación Sarela chama a atención sobre a importante dimensión social desta patoloxía

    Santiago. Un ano máis, e van trece, Sarela celebra hoxe, Día do Dano Cerebral Adquirido. O acto principal será a andaina que percorrerá a rúas da cidade vella desde a Alameda (saída ás 11.00 h.) até a praza do Obradoiro. Alí, ás 11.30 h, persoas afectadas e familiares lerán o manifesto que recolle o sentir e reivindicacións do movemento asociativo.

    O Día do Dano Cerebral Adquirido celébrase desde 2007, ano no que o Consello de Ministros oficializou o 26 de outubro como data para dar visibilidade ao colectivo de persoas con DCA. Desde entón, esta xornada converteuse nun espazo de reivindicación das inquedanzas e necesidades de atención das persoas con DCA e súas familias. Hoxe o dano cerebral é o primeiro motivo de discapacidade e dependencia en España sendo as súas causas principais o ictus, os traumatismos craneoencefálicos, os tumores cerebrais, a falta de osíxeno no cerebro por paradas cardiorespiratorias, etc.

    Con motivo desta conmemoración, Sarela programou outras actividades para chamar a atención da dimensión social desta discapacidade que xa comezaron nas semanas previas. Algunhas delas foron promovidas por Fegadace,

    Na noite de hoxe iluminaranse coa cor verde de Sarela a fachada da Casa do Concello e as Torres Hejduk na Cidade da Cultura.

    Durante outubro, novembro e decembro desenvolveranse charlas en 17 centros socioculturais para chamar a atención da dimensión social do DCA e incidir na prevención e explicar a importancia da atención especializada.

    O martes 29 (Día do Ictus), primeira causa de DCA, Sarela terá mesas informativasentre as10.00e as13.00 horas no CHUS, hospital do Barbanza e centro de saúde Arzúa.

    25 oct 2019 / 22:25
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito