Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
{ obituario }

Adeus a Gonzalo Rey Lama

    Martes 12 de octubro de 2013. Sorpréndenos unha chamada, pola mañá, e, se ben non é hora desacostumada, pois son sobre as 10, e é de persoa que non é raro que chame, que se trata do noso amigo Domato, a mensaxe que trae sí é inesperada: "Morreu Gonzalo".

    Había pouco máis dun mes que sabiamos que andaba mal e que o diagnóstico que pesaba sobre el non era nin medio bo, pero non foramos capaces de percibir a urxencia coa que se ía resolver o seu tránsito, así que a noticia do teléfono deixounos prácticamente estupefactos. Inmediatamente viñéronme á mente as tarefas que tiña na axenda dese día, superpostas coa da necesidade urxente de adicar uns momentos da miña vida á evocación do meu amigo, e non puiden menos que sentir unha certa mágoa polo feito de que precisamente o meu traballo, un traballo que nos fixo coincidir aos dous, me ía obrigar a pospoñer por unhas horas a despedida que quería renderlle.

    Era, a miña xornada do 12 de octubro, un percorrido que comezaba por San Martín Pinario, no que ía recoller uns datos aproveitando o acceso que permitía un andamio que se ía desmontar, co que non podía pospoñer a visita. Logo tocábame achegarme á Catedral de Tui, na que están en marcha unhas obras urxentes de eliminación de humidades que tampouco podía deixar de lado. E logo, na sobremesa, tamén outra visita de obra, pero esta vez ó mosteiro cisterciense de Ferreira de Pantón, onde tamén estou levando unha que requería a miña presencia. Pero ao virme á cabeza a axenda xurdíu, paralelo á miña frustración por non poder acudir de inmediato ao carón do meu amigo, a paradoxa de que, precisamente, ese lugares que me ían afastar del foran, no seu momento, lugares intensamente compartidos por ambos, pois ambos leváramos, eu como arquitecto e el como construtor, adiante varias obras neses tres mesmos lugares.

    Axiña me viñeron á mente as imaxes de tantas e tantas xornadas reservadas e silenciosas que desfrutei con Gonzalo cando os dous asistíamos, de 8 á 10 da mañán, tódolos días mentras duraron as obras de restauración das tullerías e da ala Este de San Martiño Pinario para acoller nese edificio a exposición Galicia no Tempo e logo as outras de Santiago e América e Santiago, Camiño de Europa, co obxectivo paralelo de que, unha vez rematadas esas exposicións, se acollesen neses espacios os futuros Museo e Arquivo diocesanos. Aquelas foran unhas obras paradigmáticas pola utilización de prácticas e técnicas tradicionais e me descubriron en Gonzalo unha forma de ser, pero tamén unha forma de estar na restauración arquitectónica moi súa, reservada e silenciosa. O seu traballo como construtor buscaba a reserva e o "silencio" como se esa búsqueda fose algo imprescindible e consustancial coa obriga do restaurador, e eu comprendín que eso, precisamente, era o que o facía a él un dos mellores nese campo. Aquelas, que foron unhas obras aceleradas pola necesidade de entregalas con urxencia para cumplir co programa expositivo que viría despois, reclamaron moita entrega e aínda máis paciencia de tódolos alí implicados, e houboa, pero tamén houbo, en ocasións, momentos en que perdimos a calma, coa sorte de que nos arreglamos para non ser nunca todos á vez, así que logramos culminar con éxito un reto tan esixente que aínda hoxe non me explico como fomos capaces de culminar.

    CAPACIDADE DE RESERVA

    . Na Catedral de Tui tamén tuven ocasión de comprobar a capacidade de reserva e silencio que pairaban na profesionalidade de Gonzalo. Aínda teño presente o seu compromiso cos feitos mínimos das pequenas repacións que tivemos que acometer xuntos na sé tudense. E en Ferreira de Pantón tocounos levar adiante outras obras nas que esa reserva e ese silencio se viron envoltos nun entusiasmo que os ocultou un pouco e que me deixou vislumbrar un matiz diferente na actividade laboral de Gonzalo que xa vira, noutras ocasións, plasmada na súa vida privada. Así, se era difícil superar a súa capacidade de "estar sen molestar", de facer o seu traballo sen que o seu traballo lle faltase ó respecto ó edificio en cuestión, na obra de Ferreira de Pantón deixou agromar como nunca outra das excelencias que lle eran propias, a do entusiasmo, a da emoción diante do feito constructivo, a do disfrute diante da restauración da beleza creada por outros hai moitos anos e con outros medios diferentes aos de hoxe. E é que Gonzalo era, tamén, un home instalado na emoción. Un home que disfrutaba do seu exercicio profesional como un poeta. Un home que o vivía todo dende a alma.

    O que fai boas a ciencia e ás artes é o uso que se fai delas, pero hoxe, lembrando os espacios da antiga cociña do mosteiro de Ferreira de Pantón, que restauramos xuntos, creo que ningunha ciencia nin ningunha arte son completamente boas se non logran unha emoción que se derive delas. Eso foi o que aprendín do meu amigo, ou co meu amigo, e por eso lle digo, aínda que xa non está, aínda que xa non pode oirme, que moitas gracias.

    Finalmente, a miña axenda do 12 de novembro, o día do pasamento de Gonzalo, situoume, lexos del físicamente e, sen embargo, non pudio colocarme máis perto emocionalmente. Dirixido polo azar, que convocara eses tres espacios xuntos na mesma xornada laboral, os percorrín con el na mente, obediente e aceptando que ese era, sen dubidalo, o mellor modo do que eu podía dispoñer para estar de novo ó seu lado e rendirlle, ó meu estilo, un estilo que él sen dúbida houbese considerado moi apropiado, a homenaxe final á nosa amizade.

    (*) O autor é arquitecto

    15 nov 2013 / 21:44
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito