Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Adxudicadas as obras de mellora enerxética no Concello lousamiá

    O Concello de Lousame vén de adxudicar o contrato de aforro enerxético nos alumeados públicos á empresa Electricidad Cruceiro SL por un importe de 164.681 euros. As obras contan cun prazo de execución de 56 días naturais.

    Esta primeira fase do proxecto permitirá cambiar 348 dos 2.148 puntos de luz existentes no municipio. Asemade, con esta actuación producirase unha redución do gasto enerxético do Concello lousamiá de 29.887 € anuais, así como unha minoración do consumo de 123.356 kWh.

    28 nov 2019 / 21:30
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito