Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Alejandro Ramos, do Citius da USC, premio de investigación SCIE-BBVA

Recién doutorado, é un dos creadores da novidosa ferramenta galega GaliWeather

    Santiago. O investigador posdoutoral do Citius da Universidade de Santiago (USC) Alejandro Ramos é un dos seis mozos galardoados na I Edición dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España-Fundación BBVA. Estes premios están dirixidos a doutores menores de 30 anos que desenvolveran a súa tese nunha universidade ou centro científico de España, e pretenden servir de estímulo ao seu labor e pór en valor “a súa creatividade, orixinalidade e excelencia”, explica a universidade nunha nota de prensa.
    Ramos doutorouse no mes de decembro de 2016 en Tecnoloxías da Información, logo de defender con éxito a súa tese desenvolvida ao longo dos últimos anos no marco do grupo de Sistemas Intelixentes da USC. A principal contribución do seu traballo é que, por primeira vez, se aplicaron teorías de conxuntos borrosos ao ámbito das tecnoloxías de tradución automática de datos a texto (Data-To-Text technologies-D2T); un novo paradigma que ofreceu como resultado un sistema capaz de converter automaticamente a linguaxe natural os datos de carácter numérico-simbólico empregados por MeteoGalicia.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    02 jun 2017 / 20:24
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito