Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Alfombristas de Ames participaron no Encontro de Arte efémera de Bueu

    AMES Varios veciños de Ames, que no seu tempo libre se dedican á elaboración de alfombras florais, participaron a pasada fin de semana noEncontro Internacional de Arte efémera, que se celebrou en Bueu. Foi un evento de carácter internacional que reuniu delegacións de alfombristas de 6 países diferentes (India, Malta, Portugal, Italia, Alemaña e España). Otítulo da alfombra de Ames, que tivo unhas dimensións de 8x4 metros, foi Camiño de peregrinos. Na imaxe plasmouse a fachada da capela de San Xoanciño de Pousada e a ponte romana de Augapesada, así como o logotipodo Concello. Para a súa elaboración empregouse unha técnica mixta. Todos os deseños enmarcáronse na forma dun ánfora romana atopada en Bueu e empregada naqueles tempos para levar os produtos da salazón desta zona da península ibérica a outros moitos puntos de Europa, simbolizando así a conexión deste municipio co mundo a través destas rutas comerciais e culturais. Todas as obras de arte efémero que participaron foron expostas ao público os pasados días 26 e 27 na praza Massó.

    29 jul 2019 / 20:51
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito