Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
SANTA MINIA

Alumeado na carballeira de Brión pola súa 'patroa'

    O Concello de Brión ultima os preparativos para a Romaría de Santa Minia, que prolongarase desde o próximo venres 26 ata o domingo 28 de setembro. Deste xeito, xa se instalou o alumeado especial que lucirá a carballeira durante estes días de festa, que será acendido o venres 26 de setembro coincidindo coa celebración da tradicional Queima da Fachada e a gran tirada de fogos de artificio, ademais da verbena con Abanico e Ismael. O día da patrona será o sábado, xornada na que haberá unha misa grande ás 13.00 horas e IX Certame de Bandas -coa local, Solfa y Ponteledesma- ás 18.00 horas. Da festa nocturna encargaranse Canadá e América. O domingo despediranse as celebracións con actuacións teatrais e a verbena de Aramio e Suavecito.

    22 sep 2014 / 20:37
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito