Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alumnos do obradoiro Iroite farán prácticas nos centros de día de Lousame e O Son

Farán melloras no centro social de Cruído, no pabellón da Silva, nas rúas Outeiro Alto e Outeiro Baixo e nun acceso en Chave

    A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, presentaron onte o obradoiro de emprego conxunto que os dous concellos iniciarán o vindeiro luns e no que participarán vinte persoas desempregadas.

    Durante seis meses aprenderán e traballarán nas especialidades de atención sociosanitaria e albanelería. O obradoiro, denominado Iroite, conta cun investimento de algo máis de 234.000 euros, dos que a Xunta aporta 180.000 e o resto, os concellos. Dos vinte alumnos-traballadores, doce (seis de Lousame e seis de O Son) participarán no módulo de albanelería e oito (catro por cada municipio) no de atención sociosanitaria. Na parte práctica do obradoiro, a especialidade de albanelería estará dividida en dous grupos de seis persoas por cada concello, para facer máis operativa a organización.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    29 ago 2014 / 21:14
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito