Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alumnos noieses celebran o Día Marítimo en Lisboa

Viaxaron ata Portugal no marco dun intercambio e están a realizar varias actividades en diferentes localizacións lusas

    Cincuenta estudiantes do IES Virxe do Mar de Noia e do IES Poeta Añón de Outes celebraron en Lisboa o Día Marítimo Europeo e o das Letras Galegas. A delegación de Galicia desprazouse ao país veciño no marco dunha convivencia co alumnado do instituto Giner de los Ríos de Lisboa, onde están a desenvolver varias actividades programadas en diferentes localizacións de Portugal.

    Os rapaces visitaron o venres a praia Sao Martinho de Porto, onde analizaron as súas particularidades xeomorfolóxicas que xustifican o seu valor paisaxístico, turístico e ambiental. Alí iniciaron un repertorio musical en galego e en portugués, que se prolongou ao longo do Día das Letras en Lisboa e Aveiro. Estas pezas foron cantadas polos alumnos participantes, integrados no Coro Has de Cantar do instituto noiés, centro coordinador da iniciativa.

    A tarde dedicárona a analizar a dimensión oceánica da capital lusa dende a desembocadura do Tejo. "Fixéronse proxeccións futuras dos posibles efectos da subida do nivel do mar. Este itinerario conduciuno a xoven mentora de Climántica nesta cidade, Marguerita Miguel" explicou o director do proxecto, Francisco Sóñora.

    Onte os xóvenes examinaron a recuperación contemporánea no incendio do Chiado e das evidencias de impactos do cambio climático neste territorio. Tamén se desprazaron ao Oceanario para desenvolver un programa específico en español. Nesta visita didáctica a atención centrouse sobre os océanos no contexto do cambio climático.

    As actividades rematan hoxe en Cascais, co estudo da ocupación do territorio cunha ruta en bicicleta.

    INICIATIVA

    Con esta iniciativa, Climántica incorpora a sostenibilidade ao contrato programa coa Xunta á celebración do Dia Marítimo Europeo e á difusión na rexión de Lisboa do congreso virtual http://congresovirtual.climantica.org que recibiu o máximo patrocinio da UNESCO. Agora este portal está aberto para a selección dos participantes no Terceiro Campus Internacional Climántica en Aveiro.

    18 may 2019 / 21:16
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito